miniatura|dereita|Chaikovskii no tempo que compuxo Romeu e Xulieta, contra o 1868. dereita|miniatura|Interpretado pola Skidmore College Orchestra. Romeu e Xulieta é unha obra musical de Petr Ilich Chaikovskii, subtitulada Abertura-Fantasía, baseada na obra homónima de Shakespeare escrita (na súa primeira versión) en 1869. A diferenza doutras obras maiores de Chaikovskii, o compositor non lle adxudicou un número a Romeu e Xulieta, aínda que figura noutros catálogos alternativos numerada como TH 42Alexander Poznansky & Brett Langston, The Tchaikovsky Handbook, Vol. 1 (2002) Tchaikovsky Research: Catalogue Numbers e ČW 39.Polina Vaidman, Liudmila Korabel'nikova, Valentina Rubtsova, Thematic and Bibliographical Catalogue of P. I. Čajkovskij's Works (2006), and P. I. Čajkovskij. New Edition of the Complete Works (1993–date)
Ó igual que outros compositores como Berlioz e Prokofev, Chaikovskii estivo fondamente inspirado por Shakespeare e ademais escribiu obras sobre A tormenta e Hamlet.
A idea de compoñer esta Abertura-Fantasía con tema shakesperiano foi inicialmente de Mili Balákirev, o líder do Grupo dos Cinco, e aínda que a obra estaba rematada en 1869, a versión que coñecemos hoxe en día data do ano 1880. O feito de que a tonalidade do "tema do amor" na súa primeira aparición (compás 183) sexa a de Re bemol Maior, que en alemán se abrevia como "Des", pode estar relacionado coa decepción amorosa que sufriu Chaikovskii coa cantante belga Désirée Artôt.Kerr, Isaac. «Shakespeare en el romanticismo musical. Chaikovski y Berlioz: dos interpretaciones de la “escena del conflicto” de Romeo y Julieta» , Síneris. Revista de musicología , vol. nº 4, abril 2012.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Brown, David: Tchaikovsky: The Man and His Music. Nova York: Pegasus Books, 2007. ISBN 0-571-23194-2 Holden, Anthony, Tchaikovsky: A Biography (Nova York: Random House, 1995). ISBN 0-679-42006-1. Kamien, Roger. Music : An Appreciation. Mcgraw-Hill College; 3ª edición (1 de agosto de 1997) ISBN 0-07-036521-0 Kerr, Isaac. «Shakespeare en el romanticismo musical. Chaikovski y Berlioz: dos interpretaciones de la “escena del conflicto” de Romeu y Julieta», Síneris. Revista de musicología, vol. nº 4, abril 2012. ISSN 2254-3643. Maes, Francis, tr. Arnold J. Pomerans and Erica Pomerans, A History of Russian Music: From Kamarinskaya to Babi Yar (Berkeley, Los Ángeles y Londres: University of Calilfornia Press, 2002). ISBN 0-520-21815-9. Weinstock, Herbert, Tchaikovsky (Nova York: Alfred A. Knopf, 1944). ISBN n/d Wiley, Roland John: Tchaikovsky's Ballets. Oxford e Nova York: Oxford University Press, 1985. ISBN 0-19-816249-9.
Categoría:Composicións musicais de Petr Ilich Chaikovskii