Cristina Otero Pascual, nada o 29 de novembro de 1995 en Pontevedra, é unha artista e fotógrafa galega principalmente coñecida polos seus autorretratos.

Traxectoria É a máis nova dos tres fillos de Noemi Pascual e Luis Otero. Desenvolveu a súa paixón pola fotografía a unha idade moi temperá. Cando tiña 13 anos descubriu o programa de televisión America's Next Top Model e ficou abraiada pola maquillaxe, as poses e o estilismo, polo que decidiu facer as súas propias composicións de xeito autodidacta.

miniatura|esquerda|upright|Publicidade de Renfe cunha foto de Cristina Otero. Para tirar as súas fotografías emprega unha cámara Pentax K-5. As máis das veces retrátase a si mesma. Fixo a súa primeira exposición individual cando tiña só 15 anos, feito que a converte na artista máis nova en expoñer nunha galería de arte en España.

A súa obra foi exposta na Kir Royal Gallery de Valencia dende o 15 de outubro de 2011 até o 15 de xaneiro de 2012; e de novo entre o 7 e 10 de xuño de 2012 coa participación de MadridFoto.

Tamén expuxo no Fnac Parquesur de Madrid entre o 1 e o 31 de marzo de 2012, e no Fnac L'illa de Barcelona entre o 25 de xullo e o 10 de setembro dese mesmo ano. Outras exposicións tiveron lugar na "Fundación Caixa" en Carlet (Valencia, 2012), no Fnac de Marbella (2013), Ámsterdam (2012), Berlín (2012) e Alxer (2013). Unha das súas fotografías formou parte dunha campaña de publicidade de Renfe entre 2012 e 2013.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Pontevedra