dereita|miniatura|Alfándega na Portela do Home. dereita|miniatura|Construción na Portela do Home co Escudo de España coa aguia de San Xoán.

Portela do Home () é un porto de montaña da serra do Xurés (en portugués Serra do Gerês) que forma parte da Raia, a estrema entre Galicia e Portugal.

Xeografía É o punto máis ao sur da xeografía de Galicia. Do lado portugués fica o concello de Terras de Bouro e do lado galego a parroquia de Río Caldo, do concello de Lobios. É tamén punto límite entre o Parque Natural de Baixa Limia - Serra do Xurés (Galiza) e do Parque Nacional de Peneda-Gerês (Portugal). Sitúase a 822 m de altitude, nunha foz ou ozca que descende para Galiza. Recibe o seu nome do río Home (rio Homem en portugués), que ten unha fervenza a 800 m da portela.

Historia Este paso era xa usado antigamente, e por aquí pasaba a vía romana Vía Nova do Itinerario de Antonino, que ligaba Bracara Augusta con Astorga, e da cal se conservan varios miliarios. Na actualidade comunícase con Lobios a través da estrada OU-312. Este paso de montaña foi atravesado en 1384 pola hoste invasora de Henrique de Trastámara, obrigada a retroceder acosada polos pastores e polos frades guerrilleiros comandados polo abade de Santa María do Bouro. O 6 de xuño de 1828 foi cruzada polas tropas liberais so o comando do futuro marqués de Sá da Bandeira após o fracaso da revolución liberal de 1828.

Como punto fronteirizo entre España e Portugal, houbo unha alfándega aberta até adoptaren os dous estados en 1992 o Acordo de Schengen.

Notas

Categoría:Portos de montaña de Galicia Categoría:Portos de montaña de Portugal Categoría:Lobios