Unións Agrarias-Unión de Pequenos Agricultores, abreviado coma Unións Agrarias-UPA, é un sindicato agrario que desenvolve as súas actividades en Galiza. A organización permanece ligada estruturalmente ao sindicato Unión Xeral de Traballadores (UXT). Está composta por diferentes federacións ou sedes.

Unións Agrarias é o sindicato que defende especificamente os intereses dos labregos, gandeiros e traballadores do rural galego federados na súa organización.

Contan cun revista chamada A terra.

Estrutura A organización do sindicato está establecida do seguinte xeito: Secretario Xeral: Roberto García González. Secretario de Organización e Coordinación coas Comarcas: Xosé Rodríguez Blanco. Secretario de Asuntos Económicos e Área Interna: Xabier López Iglesias. Secretaria de Igualdade e Política Social: Verónica Marcos Arrojo. Secretaria de Xuventude, Emprendedores do Rural e Medio Ambiente: Begoña Liñares García. Secretaria Executiva: Rosario Muñiz López. Secretario Executivo: Xosé Castro Cabaleiro.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cota láctea Agrarismo Ligazóns externas

Categoría:Sindicatos de Galicia