thumb|F. petimba. Fistulariidae é unha pequena familia zoolóxica de peixes da orde Syngnathiformes, familia cun só xénero Fistularia, que se encontra no mundo en mares tropicais e subtropicais. O seu nome procede do latín fistula = tubo, pola forma do seu corpo.
Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Eoceno medio, durante o Terciario inferior.
Morfoloxía Os exemplares posúen un corpo esaxeradamente alongado cunha media de 2 m de lonxitude e lixeiramente deprimido, parécense a moitas anguías, mais teñen aletas dorsais e anais ben distinguibles, unhas aletas caudais bifurcadas cuns raios concéntricos que forman un filamento alongado; a liña lateral está ben desenvolvida e esténdese polo filamento caudal.
Hábitat e importancia pesqueira Vive xeralmente en augas abertas costeiras ou en arrecifes de coral, onde comen pequenos peixes, crustáceos e invertebrados.
Posúe pouco interese para a pesca, mais pódese atopar en mercados mariñeiros tropicais.
Especies Existen só catro especies neste xénero e familia: Xénero Fistularia. Fistularia commersonii (Rüppell, 1838) Fistularia corneta (Gilbert e Starks, 1904) Fistularia petimba (Lacepède, 1803) Fistularia tabacaria (Linnaeus, 1758)
Notas
Categoría:Fistulariidae Categoría:Taxons descritos por Linné