250px|thumb|Castelo de Cofrentes Cofrentes é un concello español da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia. Atópase na comarca do Valle de Cofrentes. Tiña en 2015 unha poboación de 1.097 habitantes.

Atópase na confluencia dos ríos Xúcar e Cabriel, na zona montañosa do oeste da provincia de Valencia, no límite coa provincia de Albacete.

A súa economía baséase na agricultura e gandería, aínda que cunha evolución cara ao turismo, grazas á existencia do Balneario Hervideros de Cofrentes, o máis importante da Comunidade Valenciana. A actividade económica desta poboación xira tamén arredor da central nuclear de Cofrentes.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello

Categoría:Concellos da provincia de Valencia