A illa Vaqueriza é unha pequena insua situada no esteiro do río Miño, entre a desembocadura do río Pego e a Ponte Internacional da Amizade, no concello pontevedrés de Tomiño. Ten unha lonxitude de 1168 metros e unha anchura de 131 metros, e está deshabitada.

A illa pertence a España, de onde se atopa máis preto, a 33 m. Está a 288 m da costa portuguesa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos San Martiño de Figueiró

Vaqueriza, Illa de Categoría:Tomiño Categoría:Río Miño Categoría:Illas fluviais de Galicia