Teotihuacán ou Teotihuacan (en náhuatl: "lugar onde os homes se converten en deuses"; "lugar onde se fixeron os deuses"; "cidade dos deuses"), ou tamén Teo uacan (en náhuatl: "cidade do sol") é o nome que se dá á que foi unha das maiores cidades prehispánicas de Mesoamérica.tēo- 'dios', -tiā (causativo), -hua (voz pasiva), -cān 'lugar (en que transcorre unha acción)' O topónimo é de orixe náhuatl e foi empregado polos mexicas para identificar esta cidade construída por unha civilización anterior a eles e que xa se atopaba en ruínas cando os mexicas a viron por primeira vez. Á data, descoñécese o nome que lle daban os seus habitantes orixinais. Os restos da cidade atópanse ao nordés do val de México, nos municipios de Teotihuacán e San Martín de las Pirámides (Estado de México), aproximadamente a 78 quilómetros de distancia do centro da Cidade de México. A zona de monumentos arqueolóxicos foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1987.
As orixes de Teotihuacán son aínda obxecto de investigación entre os especialistas. Ao redor do inicio da era cristiá, Teotihuacán era unha aldea que cobraba importancia como centro de culto na conca do Anáhuac. As primeiras construcións de envergadura proceden desa época, como mostran as escavacións na Pirámide da Lúa. O apoxeo da cidade tivo lugar durante o Período Clásico (ss. III-VII d.C.). Nesa etapa, a cidade foi un importante nodo comercial e político que chegou a ter unha superficie de case 21 km2, cunha poboación de 100 000 a 200 000 habitantes. A influencia de Teotihuacán deixouse sentir por todas as zonas de Mesoamérica, como mostran os descubrimentos en cidades como Tikal e Monte Albán, entre outros sitios que tiveron unha importante relación cos teotihuacanos. O declive da cidade ocorreu no século VII, nun contexto marcado por inestabilidade política, rebelións internas e cambios climatolóxicos que causaron un colapso no norte de Mesoamérica. A maior parte da poboación da cidade dispersouse por diversas localidades na conca de México.
Descoñécese cal era a identidade étnica dos primeiros habitantes de Teotihuacán. Entre os candidatos atópanse os totonacos, os náhuatls e os pobos de idioma otomangue, particularmente os otomís. As hipóteses máis recentes apuntan a que Teotihuacán foi unha urbe cosmopolita en cuxo florecemento se viron involucrados grupos de diversa orixe étnica, como mostran os descubrimentos no barrio zapoteco da cidade e a presenza de obxectos provenientes doutras rexións de Mesoamérica, sobre todo da rexión do Golfo e da área maia.
Teotihuacán foi motivo de interese para as sociedades posteriores ao declive da cultura teotihuacana en Mesoamérica. As súas ruínas foron exploradas dende a época prehispánica, entre outros, polos toltecas e os mexicas. O descubrimento de obxectos teotihuacanos nos xacementos arqueolóxicos de Tula e o Templo Maior de México-Tenochtitlan así o confirma. Na mitoloxía náhuatl posclásica, a cidade aparece como o escenario de mitos fundamentais como a lenda dos Soles dos mexicas.
Actualmente, os restos de Teotihuacán constitúen a zona de monumentos arqueolóxicos con maior afluencia de turistas en México, por encima de Chichén Itzá, El Tajín e Monte Albán. As escavacións arqueolóxicas en Teotihuacán continúan até os nosos días, e deron como resultado un paulatino incremento na calidade e cantidade do coñecemento que se ten sobre esta cidade.
Toponimia miniatura|Glifo Tollan, representado na Tira da Peregrinación. miniatura|Glifo Puh, representado nos muros de Tepantitla. Teotihuacán é un topónimo de orixe náhuatl que lle foi dado á cidade varios séculos despois do seu ocaso polos pobos náhuatl. Os mexicas empregaban ese nome para referirse ás ruínas da antiga cidade, a cal levaba preto de 1000 anos de abandono cando a atoparon, e deles foi recollido en fontes históricas e no uso do idioma español durante a época colonial.Pasztory, 1997: 7. As fontes mexicas son a orixe de moitos malentendidos sobre Teotihuacán, pois eles coñeceron a cidade cando xa fora abandonada. Para eles, Teotihuacán era unha cidade dun pasado no que tamén floreceu Tula, polo que pensaban que os seus habitantes foron toltecas.Pasztory, 1997: 16
Propuxéronse varias hipóteses sobre o significado do topónimo. Hai que lembrar que o náhuatl é unha lingua aglutinante que permite expresar ideas complexas nun só vocábulo mediante a adición de afixos a unha raíz. Unha das interpretacións máis coñecidas é a que traduce Teotihuacán como lugar onde naceron os deuses ou equivalentemente Lugar onde foron feitos os deuses.Pasztory, 1997: 7. Esta interpretación está relacionada coa Lenda dos Soles, un coñecido mito cosmogónico mesoamericano —e particularmente nahua― que sitúa nesta cidade a creación do Quinto Sol mediante o sacrificio de todos os deuses da era anterior.
No Diccionario del náhuatl en el español de México, Carlos Montemayor di que provén dos vocábulos téotl ("deus"), -ti (ligadura eufónica), hua (posesivo), -can (locativo que indica o sitio onde se realiza unha acción), de modo que o traduce como Lugar dos que teñen deuses.Montemayor (coord.), 2007: 233.
O certo é que se descoñece o nome que a cidade recibiu dos seus habitantes na época do seu florecemento. Algúns textos descubertos na área maia adoitan relacionar o glifo puh (tule) con personaxes de filiación teotihuacana representados en estelas de cidades maias tan importantes como Tikal, Uaxactún e Bonampak. Puh posúe nos idiomas maias o mesmo significado que ten o vocábulo Tollan (AFI: ), que designaba a cidade fabulosa da mitoloxía mesoamericana. Tollan era o arquetipo da civilización mesoamericana e a orixe da lexitimidade das liñaxes dominantes en numerosos estados en toda a rexión. Os estudosos maias teñen posturas diversas sobre a identidade de Puh; algúns deles sosteñen que ese lugar mencionado en diversos textos maias é Teotihuacán.Entre eles cómpre citar a David Stuart (2000). Outros autores sinalan que puido haber varias Puh ou Tollan en Mesoamérica durante o período clásico (cfr. Rice, 2007: 194; Sachse, 2008: 152-155). Esta hipótese podería ser reforzada polo descubrimento de varias representacións do glifo puh na pintura mural do conxunto residencial teotihuacano de Tepantitla.Uriarte, 2005: 19.
Aínda que se identificou orixinalmente esta Tollan lendaria con Tollan-Xicocotitlan, a capital dos toltecas, algúns investigadores preferiron separar o mito da historia, principalmente porque non só esta cidade senón outras de igual relevancia en Mesoamérica foron chamadas da mesma forma.Por exemplo, Tollan-Chollollan, unha das cidades máis antigas e con ocupación máis prolongada en Mesoamérica. Tollan-Chollollan é a cidade sagrada onde se asentou o santuario máis importante dedicado á Serpe Emplumada en toda Mesoamérica. Cómpre sinalar que esta divindade tamén está relacionada coa mitoloxía tecida arredor de Tollan (Florescano, 2003). O complexo conformado por Tollan, a Serpe Emplumada e outros elementos que aparecen asociados frecuentemente na mitoloxía mesoamericana que lexitimaba ideoloxicamente o poder político entre os mesoamericanos foi denominado zuyuanidade por Alfredo López Austin e Leonardo López Luján (1999: passim), co propósito de facer máis clara a diferenza entre a Tollan lendaria e as cidades históricas. Con todo, a distinción entre as cidades históricas e a cidade mitolóxica non é aplicada de maneira monolítica. Facendo unha análise das fontes históricas, os achados arqueolóxicos no centro de México e na área maia ―como o referido caso do glifo puh nas Terras Baixas―, Enrique Florescano fai unha asociación do mito coa cidade de Teotihuacán, de modo que a chama Tollan-Teotihuacan e atribúe á chamada cidade dos deuses a identidade da Tula mitolóxica.Nun artigo de difusión publicado en La Jornada, Florescano sinala que «sostiven que a chamada cultura tolteca é orixinaria de Teotihuacán e que esta cidade foi o modelo das capitais políticas posteriores, o berce dos cantos e do códice pintado que narraron as orixes do Cosmos e da crónica do reino, e a primitiva Tollan, da que derivaron as posteriores: Tollan Cholula, a Tula de Hidalgo, Tulán Zuywá (Chichén Itzá) e Tollan-Tenochtitlán» (Florescano, E.: «Chichén Itzá, Teotihuacán y los orígenes del Popol Vuh». La Jornada Semanal, 12 de xuño de 2005. Versión electrónica consultada o 2 de febreiro de 2010. Esta mesma postura fora sostida por Laurette Séjourné no congreso de arqueólogos onde se estableceu que a Tollan mitolóxica era Tollan-Xicocotitlan, e é compartida por Stuart, Uriarte e Duverger.Séjourné, 1957: 138.Stuart, 2000: 502.Uriarte, 2005: 17.Duverger, 2007. René Millon, un dos máis recoñecidos especialistas no tema de Teotihuacán, opina que efectivamente Teotihuacán é a lendaria Tollan, pero non acepta que este sexa o seu nome.«A idea de que houbo anteriormente unha cidade tan grande e impresionante, que supera mesmo a Tenochtitlan, era Teotihuacán, pero non estou de acordo en que o seu nome antigo era Tollan» (Millon, René: cit. Ravelo, Renato: «Rechaza Millon que Teotihuacán se llamara Tollan», artigo do 23 de setembro de 2002 no diario La Jornada (México). Versión electrónica consultada o 2 de febreiro de 2010.)
Teotihuacán, ademais de designar a cidade histórica e o conxunto de monumentos arqueolóxicos que están abertos á visita do público, tamén é o nome dun municipio mexiquense (San Juan Teotihuacán) e da súa cabeceira (Teotihuacán de Aresta).
Contorna xeográfica miniatura|250x250px|Vista da vexetación actual no val de Teotihuacán, composta por cactáceas, agaves e especies non nativas como o pirul. miniatura|338x338px|Detalle dunha Opuntia que crece na zona arqueolóxica de Teotihuacán. Parte importante da economía actual da rexión teotihuacana consiste no cultivo deste xénero de plantas para a comercialización do seu froito. Teotihuacán foi fundada nunha posición pouco común na súa época con respecto ao patrón de asentamento propio da conca de México durante o Preclásico Medio. A maioría dos asentamentos de maior envergadura na rexión localizábanse na ribeira do sistema lacustre do Anáhuac ou moi preto dela. Cuicuilco e Copilco no sur; Ticomán, El Arbolillo, Zacatenco e Tlatilco no norte; e Tlapacoya no oriente son exemplo diso. En contraste, Teotihuacán levantouse a quince quilómetros da costa do lago de Texcoco, sobre o río San Juan no val que tomou o nome da cidade. Duverger afirma que a localización de Teotihuacán corresponde non só a unha fronteira ecolóxica, senón á fronteira entre a civilización agrícola mesoamericana e o mundo cultural dos pobos aridoamericanos nómades.Duverger, 2007: 331.
O val de Teotihuacán forma parte da conca de México. Sitúase no nordés dese gran vaso lacustre de máis de 14 mil km2 de superficie, dentro dos límites que actualmente corresponden ao estado de México. A súa altitude vai dos 2240 msnm aos 3200 na cúspide do cerro Gordo. Na zona de monumentos arqueolóxicos a altitude é de 2300 msnm. O val está limitado ao norte polos cerros Gordo, Malinalco e Colorado; ao sur pola serra de Patlachique, con elevacións superiores a 2600 msnm; e cara ao oriente termina nas inmediacións de Otumba e os cerros contiguos. Ao suroeste do val localízase o cerro Chiconautla, preto da antiga desembocadura do río San Juan. O cerro Tonala, ao poñente, marca a separación entre o val de Teotihuacán e a chaira aluvial onde se atopan Tecámac e Zumpango.