Eduardo Méndez Brandón, finado na Coruña o 3 de agosto de 1927El Orzán, 4-8-1927, p. 1., foi un avogado e político galego.

Traxectoria Sobriño de Daniel Modesto Brandón e irmán de Emilio Méndez Brandón. Avogado en Celanova. Foi elixido deputado polo distrito de Celanova nas eleccións de 1873 como posibilista. Marchou despois a Vigo, onde foi xuíz municipal. Finalmente instalouse na Coruña, onde abriu un despacho. Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña (1902-1914) e vicepresidente da Comisión provincial. Colaborou en El Ideal Gallego.

Vida persoal Casou con Filomena Gil de Acuña e foi pai de José María Méndez Gil Brandón.

Notas

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Finados en 1927