Moitos científicos e filósofos da ciencia describiron a evolución como feito e teoría, unha frase que foi utilizada como título dun artigo escrito polo paleontólogo Stephen Jay Gould en 1981. Gould describiu o feito en ciencia dándolle o significado de datos, dos que aínda que sobre eles non hai unha absoluta certeza, están "confirmados a un grao tan alto que sería perverso evitar concordar con eles provisionalmente" (ver orixinal:"confirmed to such a degree that it would be perverse to withhold provisional assent."). Unha teoría científica é unha explicación ben confirmada deses feitos. Os feitos da evolución proceden das evidencias observacionais de procesos actuais, das imperfeccións (variacións) dos organismos nos que quedou rexistrada a ascendencia común histórica, e das transicións no rexistro fósil. As teorías da evolución proporcionan unha explicación provisional a eses feitos.

As palabras "evolución," "feito" e "teoría" teñen varios significados que se usan en diferentes contextos. Evolución significa cambio ao longo do tempo, como cando se fala de evolución estelar (os cambios que sofren as estrelas nas súas características desde que se orixinan ata que se apagan). En bioloxía, evolución refírese aos cambios observados nos organismos, á súa descendencia a partir dun antepasado común, e, nun nivel máis técnico, aos cambios nas súas frecuencias xénicas ao longo do tempo, pero pode tamén referirse a teorías explicativas (como a teoría da selección natural de Charles Darwin), que explican os mecanismos da evolución. Para un científico, feito pode significar unha observación repetible coa que todos poden estar de acordo; pode referirse tamén a algo que está tan ben establecido co que ninguén na comunidade está en desacordo; e pode significar igualmente a verdade ou falsidade dunha proposición. Para o público, teoría pode significar ás veces unha opinión ou conxectura (por exemplo, cando se di "isto é só unha teoría"), pero entre os científicos ten unha connotación moito máis forte, a de "explicación ben confirmada". Ao haber no seu significado esta variedade de posibilidades, é frecuente que a xente fale pasando dunha a outra, e os significados usados convértense no suxeito dunha análise lingüística.

As probas da evolución seguen acumulándose e sendo sometidas a comprobación. A literatura científica contén declaracións de biólogos evolutivos e filósofos da ciencia que demostran algunhas das diferentes perspectivas sobre a evolución considerada como feito e como teoría.

Evolución, feito e teoría A evolución foi descrita como "feito e teoría", "feito, non teoría", "só unha teoría, non un feito"; "múltiples teorías, non feitos"; e "nin feito nin teoría."Ver máis abaixo sección 2 Porén, os desacordos entre estas afirmacións teñen máis que ver co significado das palabras que cos fundamentos substanciais, e esta controversia é a que se discute máis abaixo.

Evolución

O profesor de bioloxía Jerry Coyne resume sucintamente o que é a evolución biolóxica así:

Este exemplo de definición indica a natureza e alcance do asunto, no que están implicados os campos científicos da zooloxía, botánica, xenética, xeoloxía, e paleontoloxía, entre moitos outros.

Pero o miolo esencial da evolución defínese xeralmente como os cambios nas frecuencias xénicas e trazos nunha poboación de organismos dunha xeración á seguinte. Isto denominouse a definición xenética estándar de evolución. A selección natural é só un dos varios mecanismos na teoría do cambio evolutivo que explica como os organismos se adaptan historicamente ao seu ambiente cambiante. Os principios da herdanza que primeiramente descubrira Gregor Mendel no século XIX nos trazos simples dos chícharos, pero que pasaran bastante desapercibidos daquela, foron redescubertos en 1900, despois da morte de Darwin. Os seguintes traballos sobre xenética, mutacións, paleontoloxía, e bioloxía do desenvolvemento ampliaron a aplicabilidade e alcance da teoría orixinal de Darwin.

Segundo Douglas J. Futuyma:

A palabra evolución nun amplo senso refírese a procesos de cambio, desde a evolución estelar xa mencionada antes a cambios na linguaxe. En bioloxía, o significado é máis específico: cambios herdables que se acumulan ao longo das xeracións dunha poboación. Os organismos individuais non evolucionan no decurso das súas vidas, pero as variacións nos xenes que herdan poden facerse máis ou menos comúns na poboación de organismos. Todo cambio na vida dun organismo que non sexa herdado polos seus descendentes non forma parte da súa evolución biolóxica.

Para Keith Stewart Thomson, a palabra evolución ten polo menos tres significados distintos: O senso xeral de cambio co paso do tempo. Todas as formas de vida descenderon por medio de modificacións dos seus antepasados nun proceso de descendencia común. A causa ou mecanismos deste proceso de cambio, que son examinados e explicados polas teorías evolutivas.

Thomson salienta que: "O cambio co paso do tempo é un feito, e a descendencia de antepasados comúns está baseada nunha lóxica tan irrefutable que actuamos coma se fose un feito. A selección natural proporciona o perfil dunha teoría explicativa." (Ver orixinal:"Change over time is a fact, and descent from common ancestors is based on such unassailable logic that we act as though it is a fact. Natural selection provides the outline of an explanatory theory.").

Os biólogos consideran un feito científico que a evolución ocorreu de maneira que os organismos modernos difiren das formas do pasado, e a evolución aínda está ocorrendo orixinando diferenzas discernibles entre os organismos e os seus descendentes. Hai tal apoio cuantitativo sólido para esta segunda afirmación que os científicos consideran que a descendencia dun antepasado común é tan factual como que no Sistema Solar a Terra xira arredor do Sol, aínda que o exame dos fundamentos deste proceso aínda está en desenvolvemento. Hai varias teorías sobre os mecanismos da evolución, e hai aínda debates activos sobre mecanismos específicos implicados.

Hai un cuarto significado da palabra evolución que xa non usan os biólogos hoxe. En 1857, o filósofo Herbert Spencer definiuna como "o cambio do homoxéneo ao heteroxéneo". Afirmaba (antes de Darwin) que isto estaba "establecido sen discusión" para a evolución orgánica e aplicábao á evolución dos sistemas estelares, á xeoloxía e á sociedade humana. Porén, mesmo o propio Spencer en 1865 admitiu que esta definición era imperfecta, pero seguiu sendo popular ao longo do século XIX antes de que empezase a declinar coas críticas que lle fixeron William James e outros. Documento presentado na 38º Xuntanza Anual.

Feito O termo feito é frecuentemente usado polos científicos para referirse a datos empíricos ou experimentais ou observacións verificables obxectivas. "Feito" úsase tamén nun senso amplo para referirse a calquera teoría sobre a que hai unhas probas esmagadoras.O Webster's Encyclopedic Unabridged Dictionary of the English Language (1996) dá un terceiro significado da palabra "feito" que é "(3) Unha verdade coñecida por experiencia real ou observación; algo que se sabe que é certo. (orixinal: "A truth known by actual experience or observation; something known to be true: ‘Scientists gather facts about plant growth.’")

A evolución é un feito no sentido de que está esmagadoramente validada polas evidencias. Dise frecuentemente que é un feito do mesmo modo que o é que a Terra xira arredor do Sol. A seguinte cita do artigo de Hermann Joseph Muller "One Hundred Years Without Darwinism Are Enough" (Cen anos sen darwinismo son dabondo), explica este punto:

A National Academy of Sciences dos Estados Unidos fai unha afirmación similar:

Stephen Jay Gould tamén indicou que "Darwin continuamente salientaba a diferenza entre os seus dous grandes e separados logros: establecer o feito da evolución, e propoñer unha teoría (a selección natural) para explicar o mecanismo da evolución." (Ver orixinal:"Darwin continually emphasized the difference between his two great and separate accomplishments: establishing the fact of evolution, and proposing a theory—natural selection—to explain the mechanism of evolution.")., citing O libro está dispoñible en The Complete Work of Charles Darwin Online. Consultado o 2015-01-17. Estes dous aspectos confúndense habitualmente. Os científicos continúan discutindo sobre explicacións concretas ou mecanismos que actúan en exemplos específicos de evolución, pero o feito de que ocorreu a evolución, e de que segue a ocorrer, non se discute.

Unha idea equivocada común é pensar que a evolución non pode ser observada fiablemente porque ocorreu hai millóns de anos e a ciencia, por tanto, non depende de feitos (no senso inicial de máis arriba). Porén, tanto Darwin coma Alfred Russel Wallace, os cofundadores da teoría, e todos os seguintes biólogos dependen nos seus traballos principalmente da observación de organismos vivos; Darwin concentrouse en gran medida na crianza de animais domesticados, mentres que Wallace partiu da distribución bioxeográfica das especies no río Amazonas e no arquipélago Malaio. A inicios do século XX, a xenética de poboacións tivo un gran protagonismo, e máis recentemente os estudos do ADN convertéronse no principal foco de observación e experimentación.

Os filósofos da ciencia argumentan que en realidade non coñecemos verdades empíricas independentes da mente con absoluta certeza: mesmo as observacións directas poden estar influídas polas teorías e dependen de asuncións sobre os nosos sentidos e os instrumentos de medida usados. Neste senso todos os feitos son provisionais.

Teoría

A definición científica da palabra "teoría" é diferente da definición da palabra no uso coloquial. Na lingua coloquial "teoría" pode referirse a unha suposición, unha conxectura simple, unha opinión, ou unha especulación que non ten que estar baseada en feitos e non necesita estar estruturada para facer predicións comprobables.

Porén, en ciencia, o significado de teoría é máis rigoroso. Unha teoría científica é unha "explicación ben fundamentada dalgún aspecto do mundo natural que pode incorporar feitos, leis, inferencias, e hipóteses comprobadas."NAS 1999, p. 2 As teorías fórmanse a partir de hipóteses que foron suxeitas repetidamente a comprobacións nas que se trata de ver se son falsas. No caso da evolución por medio de selección natural, Darwin concibiu a hipótese arredor do ano 1839, e fixo un primeiro esbozo do concepto tres anos despois en 1842. Discutiu isto amplamente con moitos dos seus compañeiros intelectuais, e realizou investigacións adicionais no marco dos seus demais escritos e traballos. Despois de anos de desenvolvemento, publicou finalmente as súas probas e a teoría no libro On the Origin of Species (A orixe das especies) en 1859.

A "teoría da evolución" é actualmente unha rede de teorías que creou o programa de investigación de bioloxía. Darwin, por exemplo, propuxo cinco teorías separadas na súa formulación orixinal, que incluían explicacións dos mecanismos do: Cambio nas poboacións ao longo das xeracións. Cambio gradual. Especiación. Selección natural. Descendencia común Desde os tempos de Darwin, a evolución converteuse nun corpo ben fundamentado de afirmacións interconectadas que explican numerosas observacións empíricas do mundo natural. As teorías evolutivas seguen xerando predicións comprobables e explicacións sobre os organismos vivos e fósiles.