The Hunters (en galego: "Os cazadores") era unha banda instrumental británica que mantivo a súa actividade desde finais da década de 1950 ata principios da de 1960. Orixinal da zona de Cheshunt, en Hertfordshire, e formada a partir do que quedaba de The Parker Royal Five, The Hunters comezou como grupo de apoio a outros artistas de sona, tanto británicos como provenientes dos Estados Unidos, como Bobby Rydell, Jimmy Jones, The Allisons, Frank Ifield, The Avons, Mark Wynter, Kenny Lynch e Michael Cox. O seu primeiro éxito salientable foi "Sweet Dreams", do selo Columbia, como banda de apoio do cantante Dave Sampson, que acadou o número 29 nas listaxes en maio de 1960. Sampson escribira a canción pensando en que a cantase o seu amigo e Cliff Richard, mais o produtor Norrie Paramor pensou que a canción se adaptaba máis ao propio Sampson. A banda gravou en total catro sinxelos e un maxisingle con Dave Sampson en Columbia Records, e cinco sinxelos e mais dous álbums en Fontana, entre 1960 e 1964.
A banda tamén actuou con Cliff Richard substituíndo a The Shadows, que non estaba dispoñible debido a un accidente de coche, incluíndo, entre outras, unha aparición no Sunday Night at the London Palladium, un espectáculo de televisión de 1958.
Despois de The Hunters, o guitarrista principal, Brian Parker, o baixista, John Rogers, e o guitarrista de acompañamento, Norman Stracey, pasáronse a The Roulettes (non todos ao mesmo tempo), unha banda que actuou como grupo de apoio do cantante Adam Faith. O batería Norman Sheffield pasou a fundar os Trident Studios co seu irmán en Londres, utilizado por moitos artistas de gran prestixio para as súas gravacións desde finais dos anos 1960 e durante toda a década seguinte, especialmente por Queen, a quen Sheffield representou nos primeiros anos da súa carreira, conducindo o grupo cara aos seus primeiros éxitos.
Máis recentemente, The Hunters reviviu un dos seus éxitos en 2009 cando a súa peza instrumental "Teen Scene" se utilizou na banda sonora do filme An Education.
Membros de banda The Hunters Norman Sheffield: percusión. Norman Stracey: guitarra rítmica, composición. Brian Parker: guitarra solista e composición. Johnny Rogers: baixo. Dave Sampson and The Hunters Dave Sampson: voz solista.
Discografía
Sinxelos e maxisingles
Dave Sampson and The Hunters "Sweet Dreamss" / "It's Lonesome" - Columbia. 1960. "See You Around" / "If You Need Me" Columbia. 1960. "Why The Chicken?" / "1999" - Columbia. 1961. "Easy to Dream" / "That's All" - Columbia. 1961. "Dave EP" - "Sweet Dreamss" / "It's Lonesome" / "If You Need Me" / "See You Arround" - Columbia. 1961.
The Hunters (sen Dave Sampson) "Teen Scene" / "Santa Monica Flyer" - Fontana. 1960. "Golden Earrings" / "Tally Ho" - Fontana. 1961. "The Storm" / "How's M'Chicks?" - Fontana. 1961. "Teen Scene" (nova versión) / "Someone Else's Baby" - Fontana. 1964.
Dave Sampson (acompañamento) "Wide, wide world" / "Since Sandy Moved Away" - Fontana. 1962.
Álbums Teen Scene. The Hunters play The Big Hits - Fontana. 1961. Hits from The Hunters - Fontana. 1962.
Notas
Categoría:Grupos musicais do Reino Unido