Uber Technologies Inc., coñecido habitualmente coma Uber, é unha empresa internacional que se adica a facilitar aos clientes unha rede de transporte privado, a través da súa plataforma de aplicación móbil, a cal conecta aos pasaxeiros cos condutores de vehículos rexistrados no servizo, os cales ofertan un servizo de transporte a particulares. A súa sede atópase en San Francisco, California, e está operativa en numerosas cidades do mundo.
A diferenza doutros servizos coma Blablacar, nos que condutores particulares comparten vehículo con outros pasaxeiros para compartires gastos de combustíbel, o servizo de Uber podería establecerse como análogo dos taxis, feito que levou a confrontacións entre a empresa e o colectivo de taxistas en numerosas ocasións.
En 2014, a compañía cesou a súa actividade en España após unha sentenza que declaraba ilegal a súa actividade. Finalmente, o 30 de marzo de 2016 a compañía reanudaría os seus servizos en España, baixo o modelo Uber X, no que a empresa poría en contacto a pasaxeiros con condutores con licenza de taxi VTC.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Airbnb Conflito entre Uber e os taxis
Ligazóns externas Páxina oficial .
Categoría:Transporte Categoría:Aplicacións móbil