A tristeza da maternidade (en inglés, maternity blues ou baby bluesO termo "blue", en inglés, ademais de se referir á cor azul, significa tamén triste.), tamén coñecida coma síndrome do terceiro día (por comezar a se manifestar entre o terceiro e sétimo día desde o parto), é unha resposta fisiolóxica normal é adaptativa que se dá nas mulleres que veñen de dar a luz, e que se caracteriza por unha leve alteración do estado de ánimo que pode implicar apatía, tristeza leve, labilidade emocional, ansiedade e outros cambios no humor dentro do espectro da depresión. Polo xeral adoita afectar as nais nos primeiros días posparto, mais é posíbel que afecten tamén ao proxenitor paterno. Afecta a 75-80% das nais, e os síntomas poden durar desde unhas horas até varios días.

Cómpre non confundir a tristeza da maternidade coa depresión posparto, a cal é unha verdadeira doenza psiquiátrica. Porén, episodios severos e con síntomas moi floridos de tristeza da maternidade poderían ser un factor preditor para padecer depresión posparto nun futuro.

Algúns autores relacionan a tristeza da maternidade con posíbeis alteracións na glándula tiroide, que podería sufrir cambios transitorios durante o período posparto.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Depresión posparto Maternity blues (filme) Maternidade

Ligazóns externas Baby blues. American Pregnancy Association.

Categoría:Psicoloxía Categoría:Maternidade