Xosé Manuel Rodríguez Pampín, nado en Melide en 1940 e finado no mesmo concello o 5 de xuño 1997, foi un sacerdote católico, escritor, tradutor e dramaturgo galego en lingua galega.Enciclopedia Galega Universal, t. 14, p. 509.Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 53, p. 74.Dicionario biográfico de Galicia, t. 3, p. 194.

Traxectoria Estudou no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidade Pontificia Comillas e foi profesor de relixión en varios institutos de ensino medio. Reivindicou a liturxia en galego e publicou principalmente en Encrucillada e Grial, incluído nesta última varios contos e tres pezas teatrais.Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, en DVD. Formou parte do equipo que traduciu a Biblia ao galego. Finou en Melide o 5 de xuño de 1997.La Voz de Galicia, Santiago, 6-6-1997, p. 33.

Obra A Biblia dos nenos, de A. M. Cocagnac e Rosemary Haughton, tradución de Xosé Manuel R. Pampín, Lois Rodríguez e Anxel González Núñez, 1975, SEPT. Creón, Creón, obra de teatro, Grial n.º 50, 1975.Grial n.º 50, 1975 Nova conciencia na Igrexa galega, 1976, SEPT, con prólogo de Miguel Anxo Araúxo Iglesias. ISBN 978-84-7337-021-9.Imaxe da portada de: Nova conciencia na Igrexa galega Ifixenia non quere morrer, obra de teatro, Grial n.º 55, 1977.Grial n.º 55, 1977 Incluída na Biblioteca 114 da Editorial Compostela en 1992. Alcestes, traxedia en dous actos e sete cadros, Grial n.º 62, 1978.Grial n.º 62, 1978 O Evanxelio dos nenos, de Harold Wistone, tradución, 1979, SEPT, ISBN 978-84-7337-011-0. Pro e contra da Litúrxia en galego: historia dunha polémica. Canda Manuel Caamaño. SEPT, 1980. ISBN 84-7337-025-2.

Recoñecementos En 1990 o equipo de José Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga, no que el tamén participara, recibiu o Premio Nacional de Tradución de España polo traballo de traslado ao galego da Biblia (1973-1989)."Premio Nacional a la Mejor Traducción"

O concello de Melide acordou en 1998 dedicarlle o nome dunha rúa, e executouno en 2011."Homenaxe en Melide ao Crego Xosé Manuel Rodríguez Pampín..." Concello de Melide, 1/1/2011.

Notas

Véxase tamén Bibliografía (1998) Diccionario Akal de Teatro p. 71, Ediciones Akal, ISBN 978-84-460-0827-9 . : "Del mito contra la dictadura al mito que denuncia la violencia y la guerra" en (2005). Mitos e identidades en el teatro español contemporáneo. ISBN 90-420-1806-02 . (USC): "El teatro clásico griego y latino en Galicia a partir de la posguerra" pp 123–129 en (1996). Teatro clásico en traducción. UM. ISBN 84-7684-738-6 . Ligazóns externas Persoeiros das letras de Melide

Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Tradutores do grego Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes