A 7-metilguanosina (m7G) é un nucleósido púrico modificado. É unha versión metilada da guanosina. Fórmase ao engadir encimaticamente un grupo metilo durante o procesamento do ARNm á guanosina situada no extremo 5' formando a carapucha 5' ou 5'-cap. A 7-metilguanosina está unida ao ARNm por un infrecuente enlace 5′-5′ trifosfato. Xoga un papel no ARN como grupo bloqueador do extremo 5'. Ademais de no ARNm está presente tamén no ARNt e no ARNr. Cando se encontra na urina humana, pode ser un biomarcador de varios tipos de cancro. miniatura|esquerda|Situación da 7-metilguanosina na carapucha do extremo 5' do ARNm, unida polo seu peculiar enlace 5'-5' trifosfato. miniatura|esquerda|ARNt no que se observa a presenza da 7-metilguanosina (m7G).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Metabocard for 7-Methylguanosine (HMDB01107), Human Metabolome Database, University of Alberta
Categoría:Nucleósidos Categoría:Purinas