Orange Juice foi unha banda escocesa de post-punk formada no suburbio de Bearsden en Glasgow como Nu-Sonics en 1976. Edwyn Collins fundou Nu-Sonics (nome tirado dunha marca barata de guitarras) co seu compañeiro de colexio Alan Duncan aos que posteriormente se lle uniron James Kirk e Steven Daly, que deixou un grupo chamado The Machetes. A banda converteuse en Orange Juice en 1979. Son sobre todo coñecidos polo seu éxito "Rip It Up", que acadou o número 8 na lista de sinxelos británica en febreiro de 1983, o único top 40 da banda no Reino Unido.

Discografía Álbum Ano Selo You Can't Hide Your Love Forever 1982 Polydor Rip It Up 1982 Polydor Texas Fever 1984 Polydor The Orange Juice 1984 Polydor

Categoría:Grupos musicais de Glasgow Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de sophisti-pop Categoría:Grupos musicais formados en 1976