Manuel Blanco Mariño, coñecido como o poeta obreiro, nado en Iria Flavia (Padrón) o 1 de decembro de 1929 e finado na mesma parroquia o 20 de setembro de 2021, foi un escritor galego.

Traxectoria miniatura|200px|Poema de Manuel Blanco Mariño na escultura a Pantera Rodríguez. En 1960 asentouse en Vilagarcía de Arousa, onde traballou como carpinteiro nos obradoiros de Renfe. Sindicalista, foi un poeta autodidacta. Borobó publicou en La Noche parte do seu poemario. Poeta social, Méndez Ferrín intégrao na chamada Promoción de enlace. Gañou o certame poético Rexurdimento.

Obras Sentimentos da Alma Galega, 2000.

Vida persoal

Casou con Rosa Rey Angueira e foi pai de Rosa, Manolo, Luis, Isabel, Camilo, Carmen e Jose Blanco Rey. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Vilagarcía: Homenaxe ao poeta Manuel Blanco Mariño

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Promoción de Enlace Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Carpinteiros