Antonio Rodríguez del Busto, nado en Ribadeo o 3 de xullo de 1848La Esfera, 20-10-1923, p. 10-11. e finado no océano Atlántico o 18 de outubro de 1926, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Fillo do naviero José Rodríguez e sobriño do enxeñeiro Alexandre Le Laboureur. Estudou Nautica e Comercio en Ribadeo. Nos veráns estudaba en Ferrol para entrar na Armada de Guerra. Enviado polos seus pais a Arxentina, participou na guerra de Paraguai. Despois instalouse en Córdoba, onde casou con Jerónima Escuti. Apaixonado pola cultura e xornalista de aceirada pluma, fixo fortuna. Ao notar que a cidade de Córdoba tendía a expandirse á zona que agora conforma o barrio Alta Córdoba, comprou esas terras. En 1886 formou unha sociedade urbanizadora con Marcos N. Juárez e Ramón J. Cárcano e, dous anos despois, comezou a venda de terreos. Foi intendente da cidade de Córdoba entre o 18 de abril e o 12 de maio de 1887.

Dirixiu os periódicos Eco de Córdoba, El Progreso, El Interior e as revistas El Jaspe e El Moro Tarfe e fundou en 1890 El Debate; tamén colaborou en El Nacional, La República e La Tribuna. Nos seus libros analizou cuestións históricas e da súa época.

Finou no océano Atlántico o 18 de outubro de 1926 a bordo do vapor Infanta Isabel de Borbón, cando regresaba dunha viaxe a EspañaEl Despertar Gallego, 6-2-1927, p. 2..

Obras América del Sur: altitudes y canalización, 1908. Apuntes para la historia de la legislación, 1912. El rey don Pelayo y el Fuero de Sobrarbe, 1919. El sistema de gobierno dual de Argentina y su origen, 1921. Canal de navegación interoceánica a través de América del Sur, desde Comodoro Rivadavia (Atlántico) hasta el Golfo de Penas (Pacifico), 1924.

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Antonio Rodríguez del Busto" 1928. Revista de la Universidad Nacional de Córdoba .

Bischoff, Efraín (1992). Historia de los barrios de Córdoba: sus leyendas, instituciones y gentes .

Categoría:Xornalistas de Ribadeo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público