O acueduto do Paseo das Pontes é un antigo acueduto da cidade da Coruña. Formaba parte dunha condución maior coñecida como "Viaxe de Visma".
Historia miniatura|left|Detalle do acueduto. A viaxe de Visma levaba auga dende esta localidade ata o centro da cidade. Complementaba a primeira gran condución, a "Viaxe do Vioño", que levaba auga dos mananciais de Nelle e de Vioño ata a Cidade Alta, obra que fora autorizada por Filipe II en 1564 e construída polo mestre de cantaría Tristán Darguis.
O acueduto foi construído entre 1722 e 1726, segundo o proxecto do enxeñeiro Francisco Montaigú de la Perille e coa dirección de Fernando de Casas Novoa e frei Francisco de Velasco. A condución baixaba logo polo camiño de Carballo (Avenida de Fisterra) e entraba na cidade polo Caramanchón, onde había unha fonte e un lavadoiro. A viaxe de Vioño conectaba coa nova condución mediante unha arqueta no Campo de Carballo.
A infraestrutura permitiu a creación de novas fontes na cidade, unha na praza da Fariña, outra na rúa da Fama e outra na praza de Santa Catarina.
O manancial deixou de empregarse en 1902, o que provocou a deterioración do acueduto.
Descrición miniatura|Acueduto do Paseo das Pontes. O acueduto de San Pedro, que deu nome ao Paseo das Pontes, chegou a medir 3500 varas de lonxitude, mais a parte final do acueduto foi destruída pola urbanización da área, que se realizou na década de 1990 e que fixo do acueduto o elemento distintivo dun novo parque.
Amais do acueduto consérvanse restos da "viaxe" en Visma e na rúa Almirante Mourelle (no Peruleiro).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Augas da Coruña
Categoría:A Coruña Categoría:Acuedutos