Basilio III Ivánovich ou Basilio III de Moscova (en ruso: Василий III Иванович), nado o 25 de marzo de 1479 e finado o 3 de decembro de 1533, foi Gran Príncipe de Moscova entre 1505 e 1533. Fillo de Iván III de Moscova e Sofía Paleóloga, foi cristianizado co nome de Gavriil ou Gabriel (Гавриил en ruso).
Política exterior Basilio III continuou a política do seu pai Iván III e a maior parte do seu reinado empregouno en consolidar os logros obtidos polo seu predecesor. Basilio anexionou ao principado de Moscova as últimas provincias autónomas: Pskov en 1510, Volokolamsk en 1513, o principado de Riazán en 1521 e o Principado de Nóvgorod-Síverski en 1522.
Basilio aproveitou a difícil situación de Sexismundo I Jagellón o Vello, gran duque de Lituania e rei de Polonia, para capturar a cidade de Smolensk, a gran fortaleza oriental de Lituania en 1512, principalmente grazas á axuda do rebelde lituano, o príncipe Miguel Glisnki, quen proporcionou a Basilio artillaría e enxeñeiros para o asalto. A perda de Smolensk foi un importante golpe dado por Moscova en Lituania no contexto das Guerras moscovita-lituanas e só as esixencias de Sexismundo levárono a aceptar a súa rendición en 1522.
Basilio tamén tivo éxito nas accións emprendidas contra o khanato de Crimea. A pesar de que en 1519 viuse obrigado a subornar ao Khan de Crimea, Mehmed I Giray, en fronte mesmo das murallas de Moscova, cara ao final do seu reinado logrou impor a influencia rusa na zona do Volga. En 1531-1532 colocou ao pretendente Cagali no trono do khanato de Kazán.
Política interna left|thumb|250x250px|A Igrexa da Ascensión de Kolómenskoye foi construída por Basilio III para conmemorar o nacemento do seu herdeiro. En canto á súa política interna, Basilio III gozou o apoio da igrexa no seu pulso coa nobreza. En 1521 o bispo metropolitano de Moscova, Varlaam, foi desterrado por rexeitar participar na loita de Basilio contra o príncipe Basilio Ivanovich Shemiachich. Os príncipes ruríkidas Basilio Shúiski e Iván Vorotynski foron obrigados a exiliarse. O diplomático e home de estado, Iván Bersen-Beklemíshev, foi executado en 1525 por criticar as políticas de Basilio. Máximo o Grego, Vasián Patrikeyev e outros críticos coas súas políticas correron a mesma sorte entre 1525 e 1531. Durante o reinado de Basilio III, a baixa e media nobreza aumentou e as autoridades tentaron limitar o límite da inmunidade e privilexios dos boiardos e a nobreza.
O principal problema de Basilio III foi a falta de herdeiro. En 1526, a pesar da forte oposición do clero, divorciouse da súa esposa Solomonia Iurievna Saburova, que era estéril, e casou coa princesa Helena Vasilievna Glinskaia, filla dunha princesa serbia e sobriña de Miguel Glinski. Finalmente, a nova esposa de Basilio deulle un fillo, que reinaría como Iván IV, o Terrible. Segundo unha lenda, Solomonia Sabúrova tivo un fillo tras ser internada nun convento poucos meses despois do controvertido divorcio.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Iván IV de Rusia Gran Ducado de Moscova Ligazóns externas Biografía de Basilio III
Categoría:Finados en 1533 Categoría:Nados en 1479 Categoría:Dinastía Ruríkida Categoría:Nados en Moscova