María Vanessa Angustia Gómez, nada en Pontevedra en 1980, é unha historiadora da arte e política galega.
Traxectoria Licenciada en Historia da Arte e Técnica de Dinamización Turística. Traballou como técnica de Promoción e Dinamización Turística do Concello de Pontevedra. Coordinadora comarcal de Esquerda Unida de Pontevedra. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado por En Marea pola provincia de Pontevedra e foi elixida senadora, mandato que revalidou nas celebradas o 26 de xuño de 2016. Nas Eleccións xerais de abril de 2019 e nas de novembro de 2019 volveu a presentarse ao Senado, porén non obtivo escano en ningunha das dúas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Entrevista en Diario de Pontevedra Ficha no Senado
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos de Esquerda Unida Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1980 Categoría:Senadores de España por En Marea