O río Turía é un pequeno río de 9 quilómetros a unha altitude de 250 m sobre o nivel do mar, que nace no municipio de Taramundi (Asturias) e desemboca no río Eo no municipio da Pontenova (Lugo).
Descrición esquerda|miniatura|Río Turía despois de recibir a auga do río Cabreira en Taramundi. O río Turía dálle nome ao val do Turía, que cruza horizontalmente até desembocar no río Eo. O río Turía aliméntase de numerosos arroios e regatos provenientes das serras que limitan o val, e é parte da Reserva da Biosfera do Eo.
Aínda que o río nace en Asturias, a maior parte do seu caudal atópase en Lugo.
O río Turía é fonte de traballo xa que as súas augas serven para xerar actividades socio-económicas baseadas en tradicións milenarias como son a artesanía da navalla e téxtil, así como a industria primaria coa cría de salmóns na piscifactoría da Pontenova.
Véxase tamén Bibliografía Infoasturias.com Folleto electrónico turístico editado polo Principado de Asturias, Consellería de Educación, Cultura, Deportes e Mocidade.
Categoría:Ríos de Asturias Categoría:Ríos da provincia de Lugo