Owen Jones, nado en Sheffield o 8 de agosto de 1984, é un autor, columnista e activista político británico. É un columnista adoito de The Guardian, e dende 2015 para New Statesman.
Traxectoria Jones naceu en Sheffield e criouse en Stockport, Gran Manchester, e brevemente en Falkirk, Escocia. É fillo dun traballador da autoridade local e dunha mestra. Foi á Bramhall High School e ó Cheadle and Marple Sixth Form College para máis tarde asistir á University College de Oxford, onde estudou historia e conseguiu un Master of Arts en historia dos Estados Unidos de América. Antes de converterse en xornalista e escritor desempeñou labores de investigación e exerceu como sindicalista. Jones declárase homosexual e reside en Londres. O autor, un dos máis influentes da esquerda no Reino Unido, é feminista e republicano. Jones cre que a monarquía británica debe ser abolida.
Obra 2011 - Chavs: The Demonization of the Working Class 2014 - The Establishment: And how they get away with it, Ed. Allen Lane
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Artigos en The Independent. Artigos en The Guardian. Artigos en New Statesman. Perfil para Verso Books.
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Sheffield Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa