O Premio Franz Kafka é un premio literario de ámbito internacional que se entrega anualmente na honra ao novelista checo en lingua alemá Franz Kafka.
Historia e características Foi outorgado por vez primeira en 2001. A organización corre a cargo da Sociedade Franz Kafka e o concello da cidade de Praga; está patrocinado polo Presidente do Senado checo e mais polo alcalde de Praga. Preséntase cada ano contra finais do mes de outubro, coincidindo co Día da Independencia da República Checa. O galardoado recibe 10.000 dólares estadounidenses, un diploma e unha estatua de bronce, que é unha reprodución en miniatura do monumento a Franz Kafka en Praga.
O xurado internacional está formado por Marcel Reich-Ranicki e Demetz Pedro, entre outros. Entre os criterios que debe cumprir a obra para gañar o premio, figuran "o carácter humanista e a súa contribución á tolerancia cultural, nacional, lingüística e relixiosa, o seu carácter existencial, intemporal, a súa validez humana e a súa capacidade para testemuñar o tempo presente."Premio Franz Kafka
O galardón non está relacionado co Premio Janet Heidinger Kafka, que outorga a Universidade de Rochester nos Estados Unidos de América.
Gañadores AnonomeNacionalidade2020Milan Kundera/2019Pierre Michon2018Ivan Wernisch2017Margaret Atwood2016Claudio Magris2015The laureate of the Franz Kafka Prize 2015 is the Spanish writer Eduardo Mendoza , noticia do 2 de xuño de 2015Eduardo MendozaEspaña2014Yan LiankeChina2013Amos OzIsrael2012Daniela HodrováRepública Checa2011John BanvilleIrlanda2010Václav HavelRepública Checa2009Peter HandkeAustria2008<Arnošt LustigRepública Checa2007Yves BonnefoyFrancia2006Haruki MurakamiXapón2005Harold PinterReino Unido2004Elfriede JelinekAustria2003Péter NádasHungría2002Ivan KlímaRepública Checa2001Philip RothEstados Unidos
Notas
Categoría:Premios e certames literarios