Handré Pollard, nado en Somerset West o 11 de marzo de 1994, é un xogador profesional de rugby que xoga na posición de apertura no club inglés Leicester Tigers e na selección de Suráfrica. Como apertura titular dos Springboks conquistou dúas veces a Copa do Mundo de Rugby nas edicións de Xapón 2019 e Francia 2023. É o terceiro máximo anotador de puntos da historia da selección de Suráfrica e o máximo anotador en finais de Copas do Mundo.
Traxectoria En categorías inferiores, o rapaz xa foi seleccionado por Western Province, o equipo da súa provincia. No 2013 converteuse en profesional e pasou a xogar nos Blue Bulls. No 2014 tamén comezou a xogar nos Bulls do Super Rugby. Xa no ano 2015, Handré firmou cos NTT Docomo Red Hurricanes da Top League do Xapón. Entre 2019 e 2022 xogou en Montpellier, club co cal gañou a Challenge Cup en 2021 e o Top 14 en 2022. En outubro de 2022 debutou como xogador de Leicester Tigers.
En canto á conxunto nacional, Pollard foi debutou por primeira vez cos Springboks absolutos o 28 de xuño de 2014 nun partido amigábel conta Escocia. Tamén formou parte da selección no Rugby Championship 2014, Rugby Championship 2015 e na Copa do Mundo de Rugby 2015. Xa dende o seu comezo, Pollard é o pateador de conversións e golpes de castigo do equipo.
Títulos Coa selección de Suráfrica Copa do Mundo de Rugby = 2019, 2023 Rugby Championship = 2019 Co equipo de Montpellier Top 14 = 2022 Challenge Cup = 2021
Véxase tamén Outros artigos Selección de rugby de Suráfrica
Categoría:Xogadores de rugby de Suráfrica