A dos cingulados (Cingulata) é unha orde de mamíferos placentarios propios do continente americano, coñecidos popularmente como armadillos,armadillo no dicionario da RAG. caracterizados por posuíren unha coiraza dorsal formada por placas xustapostas.
A orde abrangue unha única familia, a dos dasipódidos.Cingulata en MSW.
Características Os cingulados separáronse pouco do plano ancestral placentario, e son un grupo moi antigo, xa diferenciado no paleoceno.Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omega. ISBN 84-282-0206-0.
As especies actuais son nocturnas e escavadoras, e están protexidas por placas óseas na pel, cubertas por escudos córneos; os membos dalgúns xéneros poden enrolarse en forma de bóla.
Os dentes son numerosos (até 25 en cada mandíbula), simples, cilíndricos e uniformes, sen esmalte e con raíces abertas, e de crecemento continuo. Son insectívoros e omnívoros necrófagos.
Taxonomía Descrición A orde dos cingulados foi descrita en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.
Etimoloxía O nome científico, Cingulata, é o nominativo plural do adxectivo do latín científico cingulatus, -a, -um, derivado do nome do latín clásico cingula, -ae, "cincha", "cinto", aludindo aos cintos de duras escamas que presentan estes animais no dorso e nos flancos.
Clasificación Na actualidade, esta orde só conta cunha familia, a dos dasipódidos, coas subfamilias e xéneros seguintes:Dasipodidae en MSW.
Orde Cingulata Familia Dasypodidae Subfamilia Dasypodinae Xénero Dasypus Subfamilia Euphractinae Xénero Calyptophractus Xénero Chaetophractus Xénero Chlamyphorus Xénero Euphractus Xénero Zaedyus Subfamilia Tolypeutinae Xénero Cabassous Xénero Priodontes
Armadillos xigantes Durante o plistoceno e períodos anteriores, ademais dos modernos armadillos existiron tamén armadillos xigantes, como os gliptodontes, que se diferenciaron no eoceno superior e que tiñan un cranio e unha casca formada por moitas pezas pequenas fusionadas e, en ocasións, unha cola en forma de maza. Mostran unha notábel converxencia coas tarturugas e algúns dinosauros (anquilosauros).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 338–340. McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Mamíferos Desdentados Xenartros
Ligazóns externas Cingulata Illiger, 1811 en Fossilworks. Cingulata na ADW. Cingulata na EOL.
Categoría:Cingulados