Llanfair Pwllgwyngyll ou por motivos publicitarios Llanfair­pwllgwyngyll­gogery­chwyrn­drobwll­llan­tysilio­gogo­goch ( [ɬanˌvairpuɬˈɡwɨ̞nɡɨ̞ɬ]), é unha vila da illa de Anglesey, en Gales. Atópase no Estreito de Menai, e a ponte Britannia comunícao coa cidade de Bangor, na outra beira do estreito.

Esta localidade tamén é coñecida cos nomes alternativos de Llanfairpwll ou Llanfair PG, que o distinguen doutros lugares de Gales que tamén comezan por Llanfair.

Topónimo O nome da localidade non pode ser considerado un topónimo auténtico en lingua galesa. Foi xerado artificialmente na década de 1860, para outorgar á estación local a honra de ter inscrito o maior nome do Reino Unido, constituíndo un dos golpes publicitarios mais antigos.

Gorsafawddacha'idraigodanheddogleddollônpenrhynareurdraethceredigion (68 letras), era o nome doutra estación de tren, nomeada para rivalizar co nome desta localidade.

O nome significa "Igrexa de Santa María no val da abeleira branca próximo a un remuíño rápido e da Igrexa de San Tisilio da gruta vermella".

A súa variante oficial de Llanfair­pwllgwyngyll­gogery­chwyrn­drobwll­llan­tysilio­gogo­goch consta como o topónimo máis longo do Reino Unido e o terceiro máis longo do mundo.

Nos sinais das estradas, a localidade encóntrase sinalada como Llanfairpwllgwyngyll. Nos mapas, encontra-se como Llanfair Pwllgwyngyll e os seus habitantes chámana Llanfairpwll ou soamente Llanfair.

Na localidade existe un club de fútbol de nome Clwb Pêl Droed Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch Football Club.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Tren Golf Halt

Categoría:Cidades de Gales