Pedro Suárez de Deza, nado en Santiago de Compostela e finado na mesma cidade no ano 1206, foi un sacerdote e bispo galego. Traxectoria

Foi bispo da diocese de Salamanca (1166-1173) e posteriormente arcebispo de Santiago de Compostela (1173-1206). Durante o seu mandato en Compostela rematou o pórtico da Gloria da catedral compostelá. En 1177 organizou a arquidiocese dividíndoa en cinco distritos.

Protexeu o ensino tanto en Salamanca coma en Santiago. Sábese que promoveu nesta última sé os estudos de Dereito.

Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Finados en 1206 Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina