Anton «Toni» BrunnerLandgasthaus Sonne Wintersberg GmbH, Internet-Auszug, Handelsregister des Kantons St. Gallen, abgerufen am 26., nado o 23 de agosto de 1974 en Wattwil, é un agricultor e político suízo, presidente do SVP.
Traxectoria Fillo de labregos, Toni Brunner é un granxeiro con terras en Ebnat-Kappel. Entre novembro de 2005 e xaneiro de 2010 xunto con Peter Weigelt operou unha emisora de radio por Internet,buureradio.ch.
Toni Brunner foi un dos fundadores do SVP do Cantón de Sankt Gallen en 1992. Entre 1993 e 1998 dirixiu o partido no distrito de Obertoggenburg. En 1995 entrou no Consello Nacional suízo, reelixido en 1999, 2003, 2007 e 2011. De 1998 a 2008 foi presidente do SVP do Cantón de Sankt Gallen e de 2000 até 2008 vicepresidente do SVP. O 1 de marzo de 2008 substituíu a Ueli Maurer como presidente do SVP.svp.ch: Communiqué der SVP zur Wahl der Parteileitung
En 2007 presentouse ao Consello dos Estados sen lograr entrar, e de novo en 2011, sen tampouco conseguir a acta.St. Galler SVP schickt Toni Brunner ins Rennen um den Sitz im Stöckli
Véxase tamén Ligazóns externas Toni Brunner na web do Bundesversammlung Web de Toni Brunner Perfil político de Toni Brunner
Notas
Categoría:Nados en 1974 Categoría:Deputados de Suíza Categoría:Nados no cantón de Sankt Gallen Categoría:Agricultores