A tempada 2015-2016 do Top 14 é a 117ª edición da primeira división da liga francesa de rugby, campionato fundado no ano 1892. A fase de liga comezou o 22 de agosto de 2014 e rematará o 23 de maio de 2016. Esta fase será continuada polo playoff, que por primeira ocasión rematará fóra de Francia. A final será 24 de xuño de 2016 no Camp Nou de Barcelona. Este evento moverase do seu tradicional lugar (o Stade de France de Saint-Denis) polo conflito coa Eurocopa de Fútbol Francia 2016. O defensor do título é o Stade Français.

Equipos Na competición participaron 14 equipos: os 12 mellor situados do Top 14 2014-2015 e os 2 ascendidos da segunda división, o SU Agen e o Section Paloise, que ocuparon as prazas que deixaran baleiras o Lyon OU e o Atlantique Stade Rochelais ao descenderen no ano anterior. EquipoCidade (Departamento)EstadioCapacidadeTempadapasada Agen Agen (Lot e Garona) Stade Armandie 14.000 4º (Pro D2) Bordeaux Bègles Bordeos (Gironda) Stade Chaban-Delmas (Bordeos)Stade André Moga (Bègles) 34.70010.000 7º Brive Brive-la-Gaillarde (Corrèze) Stade Amédée-Domenech 16.000 10º Castres Olympique Castres (Tarn) Stade Pierre-Antoine 11.500 12º Clermont Auvergne Clermont-Ferrand (Puy-de-Dôme) Parc des Sports Marcel Michelin 18.000 2º (F) Grenoble Grenoble (Isère) Stade des Alpes 20.000 11º La Rochelle La Rochelle (Charente Marítimo) Stade Marcel-Deflandre 15.000 9º Montpellier Montpellier (Hérault) Altrad Stadium 14.700 8º Oyonnax Oyonnax (Ain) Stade Charles-Mathon 11.400 6 (CF) Pau Pau (Pireneos Atlánticos) Stade du Hameau 13.819 1º (Pro D2) Racing Métro 92 Colombes (Hauts-de-Seine) Stade Olympique Yves-du-Manoir 14.000 5º (CF) Stade Français París Stade Jean-Bouin 11.400 4º (C) Toulon Toulon (Var) Stade Mayol 15.400 1º (SF)

Formato da competición O torneo está composto por 14 equipos, e ten un formato segundo o cal os equipos teñen que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfronte ós outros 13 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Cada equipo xoga un total 26 partidos.

O sistema de puntuación é o seguinte: 4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 puntos pola derrota. 1 punto por anotar 3 ensaios ou máis que o rival. 1 punto por perder por 5 ou menos puntos.

Liga regular Top 14 — Tempada 2015/16PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.PFPCDPBOBD 1º ASM Clermont 88 26 18 1 7 735 431 +304 10 4 2º RC Toulon 82 26 16 0 10 764 446 +318 11 7 3º Montpellier HR 81 26 18 0 8 723 569 +154 7 2 4º Racing 9281 26 18 1 7 614 522 +92 5 2 5º Stade Toulousain79 26 16 2 8 680 393 +287 7 4 6º Castres Olympique 71 26 15 0 11 650 496 +154 6 5 7º Union Bordeaux Bègles 67 26 14 2 10 552 503 +49 3 4 8º CA Brive 62 26 13 1 12 540 544 -4 4 4 9º Stade Rochelais 54 26 11 0 15 553 656 –103 4 6 10º FC Grenoble 47 26 10 0 16 605 779 -174 4 3 11º Section Paloise 46 26 10 1 15 420 675 -255 1 5 12º Stade Français 41 26 9 0 17 543 631 -88 2 3 13º SU Agen 26 26 5 0 21 531 846 -315 1 5 14º Oyonnax Rugby 24 26 5 0 21 429 847 -418 2 2

<<<< 2014/15 — Tempadas — 2016/17 >>>>

En verde os equipos clasificados para as semifinais e para a Champions Cup 2016/17 (1º e 2º). En azul os equipos clasificados para os cuartos de final e para a Champions Cup 2016/17 (3º, 4º, 5º e 6º). En amarelo o club que xogará unha eliminatoria previa á Champions Cup. En vermello os equipos que descenden ao Pro D2 (13º e 14º).

Fase final O seis mellores equipos da liga regular acadaron o dereito a loitar polo título nesta fase final. Os dous primeiros equipos da táboa pasaron a semifinais, mentres os catro seguintes tiveron que disputar unha eliminatoria previa de cuartos de final. Os encontros de cuartos de final xogáronse nos campos dos equipos terceiro e cuarto da táboa, mentres que as semifinais e a final tiveron lugar en estadios neutrais. O estadio elixido para as dúas semifinais foi o Roazhon Park de Rennes (Bretaña), e a final disputouse por primeira vez na historia fora do territorio francés, no Camp Nou de Barcelona.

Véxase tamén Outros artigos Top 14

Ligazóns externas Páxina oficial da LNR . Estatísticas do torneo en Itsrugby .

Categoría:Rugby en Francia Categoría:Rugby en 2016