O Union Bordeaux Bègles é un equipo profesional de rugby francés da cidade de Bordeos, a capital do departamento da Gironda e da rexión da Aquitania. O club fundouse fai pouco, no ano 2005, e dende entón segue progresando ata acadar o seu mellor resultado ata o momento, a vitoria nos playoffs por xogar na Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016. O equipo ten xogado en bastantes campos, mais os estadios nos que xoga actualmente son o Stade Chaban-Delmas con capacidade para 34.694 espectadores (estadio principal) e o Novo Estadio de Bordeos dunha capacidade para 40.000 espectadores (estadio secundario e no que xoga nunhas 3 ocasións ao ano).
Palmarés O Union Bordeaux Bègles aínda non conseguiu ningún título de relevancia. A vitoria máis salientable foi a conseguida no play-off da Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016, coa que o club logrou clasificarse para mencionada competición.
Tempada actual
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club
Bordeos