O Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais (ou simplemente O Pacto dos irmãos Pais) é o título dado a un documento escrito en galego-portugués, que rexistra un acordo de non agresión e defensa mutua entre dous irmáns nobres. Foi escrito en Santa Maria de Arnoso, conservado durante séculos na Mitra de Braga, atópase actualmente no Arquivo Nacional Torre do Tombo, en Lisboa.
Datación e importancia histórica A pesar de non posuír ningunha data, é datábel de forma aproximada como anterior a 15 de abril de 1175, o que o converte segundo algúns autores, principalmente o seu descubridor José António Souto Cabo, no documento máis antigo escrito na lingua galego-portuguesa que chegou até os nosos días.
Texto O texto do documento é curto e de difícil interpretación. Se ben nel predomina o vocabulario galaico-portugués, inda inclúe, igual que outros manuscritos da mesma época, moitas formas latinas.
Notas
Categoría:Manuscritos en galego-portugués