miniatura| Urraca de Castela, nada en 1186 e finada en Coímbra o 30 de novembro de 1220 foi infanta de Castela e, dende 1211 até a súa morte, raíña consorte polo seu matrimonio con Afonso II de Portugal, era filla do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Lionor de Plantagenet. Foi nai dos reis de Portugal Sancho II e Afonso III.

Orixes familiares Filla do rei Afonso VIII e da súa esposa, a raíña Lionor de Plantagenet, os seus avós paternos foron Sancho III de Castela e a súa esposa Branca Garcés de Pamplona e os maternos o rei Henrique II de Inglaterra e a raíña Aliénor de Aquitania. Foron os seus irmáns, entre outros, o rei Henrique I de Castela e a raíña Berenguela de Castela, nai de Fernando III o Santo, rei de Castela e León.

Traxectoria Naceu en 1186 e aparece por primeira vez na documentación o 28 de maio de 1187, no que o seu pai realizaba unha doazón ao mosteiro de las Huelgas de Burgos, que el fundara.

Contraeu esponsais en 1205 co infante Afonso de Portugal, fillo do rei Sancho I de Portugal e da súa esposa, a raíña Doce de Aragón e dous anos despois, en 1208, celebrouse o matrimonio. Despois da defunción do seu pai en 1212, o infante herdou o trono e reinou co nome de Afonso II de Portugal.

A raíña Urraca faleceu o 2 de novembro de 1220 na cidade de Coímbra, na que outorgara testamento o día 14 de xuño de 1214, e foi sepultada xunto ao seu esposo, o rei Afonso II de Portugal, no Mosteiro de Alcobaça.

Voda e descendencia Froito do seu matrimonio co rei Afonso II de Portugal naceron os seguintes fillos: Sancho (1209/1210-1248), rei de Portugal co nome de Sancho II de Portugal. Afonso, conde de Boulogne, sucedeu ao seu irmán Sancho co nome de Afonso III. Lionor de Portugal (1211-1231), casada co rei Valdemar III de Dinamarca; Fernando de Portugal (1218-1246), señor de Serpa; Vicente (1219).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1186 Categoría:Infantes de Castela Categoría:Finados en 1220 Categoría:Nados en España