Blanca Riestra Rodríguez-Losada, nada na Coruña o 4 de maio de 1970, é unha escritora galega en linguas galega e castelá.

Traxectoria Comezou os estudos de Dereito na Coruña, e licenciouse e doutorouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Na súa época de estudante escribiu a súa primeira novela Anatol y dos más (1996). En 1997 foi incluída na antoloxía Páginas Amarillas en 2000 en Ni Ariadnas ni Penélopes.

Viviu durante seis anos en Dijon (Francia), onde escribiu a súa tese sobre Juan Larrea doutorándose en Filoloxía Hispánica na Universidade de Borgoña e tamén e a súa segunda novela La Canción de las cerezas coa que gañou o Premio Ateneo Joven de Sevilla en 2001. En 2000 trasladouse a Madrid para dedicarse á escritura e á crítica literaria para Blanco y Negro Cultural, articulista de opinión e actualidade cultural en La Voz de Galicia e de viaxes en El País e El Mundo. En 2003 marchou a Roma como bolseira da Academia de Espagna por espazo de seis meses. Alí ensinou literatura na Universidade de Roma La Sapienza. Foi directora do Instituto Cervantes de Albuquerque (Estados Unidos).

Traballa como profesora de secundaria no IES Neira Vilas de Oleiros (A Coruña).

Obras Narrativa en galego Noire Compostela (2016). Vigo: Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9865-737-1.

Aquí comeza o mar (2022). Vigo: Galaxia. 246 páxs. ISBN 978-84-9151-808-2. Novela ambientada na Coruña. Tritón (2024). Allariz: Aira Ed. 104 páxs. ISBN 978-84-128581-0-5. Augas interiores (2025). Vigo: Xerais. 232 páxs. ISBN 978-84-1110-652-8. ePub: ISBN 978-84-1110-658-0.

Narrativa en castelán Anatol y dos más (1996). Anagrama. Anatol e dous máis (2023). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-005-8. La canción de las cerezas (2001). Algaida.En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia El sueño de Borges (2005). Algaida Todo lleva su tiempo (2007). Alianza Editorial. Madrid blues (2008). Alianza Editorial. La noche sucks (2010). Alianza Editorial. Vuelo diurno (2012). Casa de Cartón. Pregúntale al bosque (2013). Pre-Textos. Greta en su laberinto (2016). Alianza Editorial. Últimas noches del edificio San Francisco (2020). Algaida. 344 páxs. ISBN 9788491893776.

Poesía Una felicidad salvaje (2010). Huerga y Fierro.

Antoloxías Madrid, Nebraska. EE.UU en el relato español del siglo XXI (2014). Edición e prólogo de Sergi Bellver. Bartleby.Manuel Rico: «Madrid, Nebraska y viceversa: el espejo deforme e inevitable», Nueva Tribuna, 9 de maio de 2014. Antoloxía con textos de David Aliaga, Gonzalo Calcedo, Matías Candeira, Pepe Cervera, Fernando Clemot, Cristian Crusat, Sergio Del Molino, Óscar Esquivias, Ignacio Ferrando, Esther García Llovet, Ismael Grasa, Paula Lapido, Juan Carlos Márquez, Marina Perezagua, Blanca Riestra, David Ruiz, Germán Sierra, Pedro Sorela, Eloy Tizón e Paul Viejo.

Premios 1998. Premio Antonio Machado por su relato "Isla Decepción". 2001. Premio de novela Ateneo Joven de Sevilla por "La canción de las cerezas". 2004. Premio de novela Tigre Juan por "Todo lleva su tiempo". 2006. Premio Eñe de relato con "La noche sucks". 2013. Premio Internacional de novela Ciudad de Barbastro, por su obra "Pregúntale al Bosque". 2015. Premio Torrente Ballester, por Greta en su laberinto. 2016. Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia por Noire Compostela. 2020. Premio de Novela Ateneo de Sevilla por Últimas noches del edificio San Francisco. 2021. Premio Blanco Amor de novela por Aquí comeza o mar.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Encuentro digital Blog persoal. Furorymisterio

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1970 Categoría:Profesores de educación secundaria