O esgonzo ibéricoEsgonzo ibérico (Chalcides bedriagai). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia. ou escáncer de patas ibéricoConde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega. (Chalcides bedriagai) é unha especie de lagarto da familia dos escíncidos endémico da Península Ibérica. Está presente en zonas costeiras de Galicia, pero é moito máis escaso que o outro esgonzo galego, o esgonzo común. As poboacións galegas do esgonzo ibérico pertencen á subespecie Chalcides bedriagai pistaciae. O seu nome científico déuselle polo herpetólogo Jacques von Bedriaga.Beolens B, Watkins M, Grayson M. 2011. The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Chalcides bedriagai, p. 21).

Descrición É un lagarto de pequeno tamaño, cunha cabeza pequena, triangular, alargada e con fociño arredondado. O seu corpo é curto e groso de sección arredondada ou cuadrangular, recuberto de escamas lisas e brillantes. Extremidades pequenas, pero maiores que as do esgonzo común, e teñen 5 dedos (no esgonzo común son 3 dedos). O rabo de sección circular de menor lonxitude que o corpo. A especie ten dimorfismo sexual, xa que as femias son de maior tamaño, pero polo demais son moi parecidas aos machos. A coloración pode ser de pardo-amarelada a olivácea, co ventre abrancazado ou de tons amarelos. Poden ter pequenos ocelos. A especie é ovovivípara.

Distribución

É unha especie endémica da Península Ibérica e distribúese na maior parte dela, agás no extremo norte (Cordilleira Cantábrica, Asturias e País Vasco) e falta tamén en gran parte de Galicia e en moitas zonas de Portugal. En Galicia ten unha distribución limitada en zonas das Rías Baixas, na zona de Muros-Carnota e nas illas Cíes e na de Ons.Pedro Galán Regalado, Gustavo Fernández Arias. Anfibios e réptiles de Galicia. Colección Montes e Fontes. Edicións Xerais de Galicia S.A. 1993. Páxinas 356-359. ISBN 84-7507-722-6. Existen poboacións en illas tanto no Atlántico (en Galicia as xa mencionadas das Illas Cíes, e Illa de Ons, en Portugal na illa do Pesegueiro, e no sur na Illa de Sancti Petri gaditana), coma no Mediterráneo (illas do Mar Menor e Illa de Tabarca).

Hábitat

A práctica totalidade da súa área de distribución encóntrase dentro da rexión bioclimática mediterránea e nas zonas máis frescas, suroeste de Galicia, sur de Cantabria e norte de Burgos, sempre ocupa áreas moi térmicas.

Necesita unha serie de requirimentos básicos, solos (preferentemente areoso ou terroso), abundantes refuxios (pedras, raíces e follas secas) e orientación (zonas solleiras térmícas), cuxa falta ou escaseza poden limitar a súa presenza. En Galicia viven principalmente en zonas de dunas e áreas areosas próximas ás praias con vexetación herbácea e mato.

Ameazas

Ao ser unha especie en xeral escasa, cunha distribución moi localizada e vinculada a determinados hábitats, calquera modificación destes provoca a desaparición de toda a poboación. As poboacións das illas e as costeiras son as que están máis ameazadas pola excesiva presenza humana e as súas consecuencias (incendios, captura ilegal, destrución do hábitat etc.) e a presión urbanística nas costas tanto mediterráneas coma atlánticas, que fan temer pola súa conservación. A IUCN clasifícaa como especie "case ameazada".Juan M. Pleguezuelos, Paulo Sá-Sousa, Valentin Pérez-Mellado, Rafael Marquez, Iñigo Martínez-Solano (2009). "Chalcides bedriagai". IUCN Red List of Threatened Species. Versión 2013.2. International Union for Conservation of Nature. Consultado o 6 de xaneiro de 2014.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Esgonzo común Lista de réptiles de Galicia

Ligazóns externas

Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España. Fotos

Categoría:Réptiles de Galicia Categoría:Réptiles Categoría:Animais descritos en 1880