miniatura|250px|dereita|Bufo periglenes foi un dos primeiros indicadores do declive dos anfibios. Outrora considerado abondoso, foi visto por derradeira vez en 1989. A última vez que criou en cantidades normais foi en 1987. En 1988 só se atoparon oito machos e dúas femias. En 1989, só se atopou un exemplar macho, que foi a última observación da especie. Dende a década de 1980 estase a producir un dramático declive nas poboacións de anfibios arredor do mundo,Conservation International Comunicado de prensa – Anfibios en declive dramático.eco2site Un catastrófico declive dos anfibios advirte dunha significativa degradación ambiental.FrogWatch USA Amphibian Decline: Frogs still in a fix.*Howstuffworks Are frogs on the brink of extinction? caracterizado polo colapso nas poboacións e pola extinción masiva localizada. No ano 1993, as poboacións de máis de 500 especies de ras e píntegas dos cinco continentes presentaban un declive na súa poboación.Vial JL, Saylor L. 1993. The Status of Amphibian Populations: a Compilation and Analisis. IUCN/SSC Declining Amphibian Taskforce. Work. Doc. No. 1. O declive dos anfibios está afectando a milleiros de especies en toda clase de ecosistemas, polo cal foi sinalado como unha das grandes ameazas da biodiversidade global.
En realidade o declive dos anfibios xa se empezou a detectar en Europa desde a década de 1950,Honegger R.E. (1978) Amphibiens et Reptiles menacés en Europe. Strasbourg, Conseil de l'Europe, 127 p. pero os científicos non consideraron que isto puidese supoñer extincións masivas ata a década de 1980, xa que se pensaba que podían ser flutuacións naturais habituais nas poboacións. .Corn PS. 1994. What we know and don't know about amphibian declines in the west. Insustainable Ecological Systems: Implementing an Ecological Approach to Land Management, ed. LF DeBano, WW Covington, pp. 59-67. Fort Collins, CO:USDA For. Serv. Rocky Mountain For. Range Exp. Station. Waldman B, Tocher M. 1998. Behavioral ecology. generic diversity, and declining amphibian populations. In Behavioural Ecology and Conservation Biology, ed. T. Caro, pp. 394-443. Mew York: Oxford Univ. Press. Hoxe crese que o problema persistirá durante longo tempo.Blaustein, A.R. and D.B. Wake. 1990. Declining amphibian populations: a global phenomenon? Trends in Ecology and Evolution 5:203-204.
Os declives e extincións masivas nas poboacións de anfibios son un problema local con complexas causas globais. Entre as causas atópanse: aumento no índice de raios ultravioletas (por mor do debilitamento da capa de ozono), novos depredadores nos ecosistemas actuais (especies introducidas), fragmentación e perda de hábitat, toxicidade e acidez ambiental, doenzas emerxentes, cambio climático e interaccións entre todos estes factores.
Contexto do problema
Os anfibios forman un grupo de organismos vertebrados dos que existen unhas 6000 especies coñecidas, que comprenden os anuros (ras, sapos…), os urodelos (píntegas e tritóns) e os ximnofións (os ápodos ou cecilias). O grupo dos anfibios existe desde hai uns 360 millóns de anos (Ma), pero só no período entre 1970-2000 produciuse a probable extinción dunhas 168 especies. Ademais, polo menos unhas 2469 especies coñecidas (o 43% dos anfibios) presentan un declive comprobado nas súas poboacións, o que indica que o número de especies ameazadas de extinción continúa probablemente aumentando.
Unha convención internacional de biólogos reunidos en 2004 indicou que o 32% das especies de anfibios do mundo estaban en perigo de extinción (o que representa unhas 1856 especies) e que máis de 120 especies teríanse xa extinguido desde 1980.
Os declives das poboacións foron especialmente intensos no oeste dos Estados Unidos, en América Central e en Suramérica, así como no leste de Australia. En 2006, 16 das 45 especies de anfibios do Canadá (36%) diminuíron tanto que agora son consideradas en vías de desaparición, ameazadas ou en situación preocupante. Porén, prodúcense casos máis illados de extincións masivas de anfibios en diversos lugares do globo. A UICN estimaba en 2006 que unha cuarta parte dos anfibios mediterráneos están ameazados de extinción. Aínda que as actividades humanas causan actualmente perdas considerables de biodiversidade a nivel mundial, parece que as súas consecuencias son claramente máis graves e intensas sobre os anfibios que sobre outros grupos de seres vivos.
Como os anfibios teñen xeralmente un ciclo de vida que consta de dúas fases, a primeira acuática (cágados) e a segunda terrestre (organismo adulto), son naturalmente sensibles aos trastornos medioambientais tanto terrestres coma acuáticos. Ademais, poden ser, polo feito de teren unha pel espida, moi permeables e máis vulnerables ás toxinas presentes no ambiente que outros organismos como as aves ou os mamíferos. Moitos científicos están convencidos de que o fenómeno do declive dos anfibios anuncia a posibilidade, nun futuro próximo, dun fenómeno máis amplo de extinción masiva da biodiversidade, que se estendería tamén a outros grupos de seres vivos, como outros animais e plantas. .
O fenómeno do declive dos anfibios foi amplamente recoñecido por primeira vez en 1980, cando unha asemblea de herpetólogos informou de ter detectado unha regresión global das poboacións de anfibios. Entre as especies máis afectadas estaban o sapo Bufo periglenes (tamén chamado Incilius periglenes) que vivía na reserva do Bosque Nuboso de Monteverde, que estaba anteriormente clasificado entre as especies comúns do lugar. O Bufo periglenes foi nesa época obxecto de numerosas investigacións científicas, ata 1987, ano no que a poboación empezou a minguar ata acabar por desaparecer completamente en 1989.. Outras especies de Monteverde, como o sapo Atelopus varius, desapareceron tamén nesta época. Estes individuos estaban localizados no interior dunha reserva natural e a súa destrución non podía vencellarse coas actividades humanas na rexión. Cumpría buscar as causas nunha escala máis global, o que xerou unha grande inquedanza entre os científicos interesados.
Flutuacións naturais ou declive problemático?
Desde a década de 1950 ata finais da de 1980, certos investigadores salientaron un declive das poboacións de anfibios. Este declive era, segundo eles, un indicio precursor da degradación dos medios naturais. A comunidade científica mostrouse escéptica sobre ese criterio e a importancia do declive. De feito, certos zoólogos sinalaban que as poboacións da maior parte dos organismos, incluídos os anfibios, experimentaban variacións naturais. A falta de informacións sobre as flutuacións das poboacións a máis longo prazo non permitía determinar se as observacións feitas eran dabondo para tirar conclusións xerais. Debido á falta de consenso conviña agardar ata ter informacións suficientes para mobilizar os recursos necesarios para un programa de conservación.
Para facelo, melloráronse os sistemas de vixilancia das poboacións dedicando un número crecente de estudantes aos proxectos de observación directa da mortalidade dos anfibios para determinar o número e as causas das mortalidades. Finalmente, a finais da década de 1990, o conxunto da comunidade científica recoñeceu o declive das poboacións de anfibios a nivel mundial e a grave ameaza que iso supoñía para a biodiversidade.
Os anfibios xogan un papel determinante no mantemento do equilibrio dos ecosistemas. Son ás veces presas e outras veces depredadores de numerosas outras especies. Os ovos e os cágados son unha rica fonte de alimento para as aves e os peixes. Á súa vez, os anfibios consomen enormes cantidades de insectos, e ás veces mesmo roedores. Poden formar unha porción importante da biomasa dos vertebrados en certas rexións, superando as biomasas combinadas de aves e mamíferos. Malia o seu modesto tamaño, os anfibios desempeñan un papel principal nos ecosistemas. Cando unha especie de anfibio desaparece, iso pode supoñer a desaparición en cadea doutras varias especies, comezando polas especies comensais, como por exemplo o molusco Simpsonaias ambigua, que no seu desenvolvemento larval usa como hóspede a píntega Necturus maculosus.
Causas posibles do declive Baseándose nas investigacións de James P. Collins e Andrew T. Storfer, formuláronse dous conxuntos de hipóteses sobre o declive dos anfibios.
A primeira inclúe os factores xerais concernentes á crise da biodiversidade planetaria: destrución, modificación e fragmentación dos hábitats naturais, introdución de especies invasoras e sobreexplotación dos recursos. O estudo destas ameazas permite unha mellor comprensión do declive dos anfibios nos aspectos ligados aos mecanismos ecolóxicos globais. Porén, o declive afecta tamén ás poboacións de anfibios en ambientes remotos sen perturbacións aparentes.
A segunda apela aos factores máis complexos e máis elusivos, como o cambio climático, o aumento das radiacións UV-B, a vertedura de contaminantes químicos no ambiente, novas doenzas infecciosas emerxentes, e deformacións ou malformacións nos organismos. Os mecanismos subxacentes a estes últimos factores son complexos e poden engadirse aos primeiros factores, así como á destrución do hábitat e á introdución de especies alleas a certos ecosistemas exacerba o fenómeno do declive.
Non hai unha soa causa illada do declive dos anfibios. Todos os factores mencionados ameazan as poboacións en maior ou menor grao. A maior parte das causas están finalmente ben comprendidas e explicadas. Ademais dos anfibios, outros grupos de organismos sofren as mesmas perturbacións.
Destrución e fragmentación dos hábitats naturais miniatura|280px|As píntegas están protexidas dos seus predadores por un mucus tóxico que segregan e polas súas cores rechamantes… que non son de ningunha utilidade ante os vehículos.
A modificación ou a destrución dos hábitats naturais é o factor que, a escala planetaria, afecta máis as poboacións de anfibios. Como os anfibios xeralmente teñen necesidade de hábitats tanto terrestres coma acuáticos para sobrevivir, unha ameaza que pese sobre un só dos seus hábitats pode ter consecuencias graves sobre as súas poboacións. Os anfibios son, pois, máis vulnerables á modificación dos ambientes naturais que os organismos que só requiren un só tipo de hábitat.Green DM. 1997. Perspectives on amphibian population declines: defining the problem and searching for answers. In Amphibians in Decline. Canadian Studies of a Global Problem, ed. DM Green, pp. 291-308. Herpetological Conserv., Vol 1. Powerpoint sobre a fragmentation e os anfibios (experiencia suíza).
A fragmentación dos hábitats naturais orixínase cando as diferentes zonas propicias para a vida dos anfibios están illadas unhas doutras por modificacións de carácter físico, como cando unha zona boscosa está rodeada por todas partes de zonas agrícolas. As pequenas poboacións que subsisten nestes fragmentos restantes adoitan correr un gran risco de endogamia e deriva xenética cara á extinción, debido a lixeiras flutuacións do ambiente.
Na maior parte dos países europeos, a desaparición das zonas húmidas prodúcese en superficies de importante extensión. Así, en Suíza estes medios reducíronse nun 90% nos últimos 150 anos, incluso nun 100% en certas partes.Kessler E. (1969) Bedrohte Vielfalt. Pro Argovia, Aarau. Imboden C.H. (1975) Warum verschwanden unsere Feuchtgebiete was bedrecht sie heute? Schweiz. Naturschutz, 41, 8 : 6-9. De 1953 a 1959, preto do 66% dos hábitats de reprodución dos tritóns Ichthyosaura alpestris e Lissotriton vulgaris, da Bombina variegata, do sapo Bufo bufo, do hílido Hyla arborea, das ras verdes Pelophylax kl. esculentus e vermellas (Rana temporaria) foron destruídos na parte superior do val do Rhin por causa da construción de terrapléns e estradas.Heusser H. (1961) Die Bedeutung der äusseren Situation im Verhalten einiger Amphibienarten. Rev. Suisse Zool., 68, 1 :1-39.
Desde a década de 1950, moitos anfibios da rexión mediterránea están facéndose máis raros pola destrución dos seus hábitats.