O púlpito exterior da Catedral de Prato é unha obra de Donatello e Michelozzo, datado de 1428 ao 1438. Composto de mármore, bronce e mosaico, encóntrase na parte sueste da catedral de Prato (os relevos orixinais encóntranse no Museo dell'Opera del Duomo [Prato]). O púlpito ten unha medida de 210 cm de altura ata o tellado.

Dende o púlpito faise a exposición pública da importante reliquia do Cíngulo da nosa Señora, que se mostra en Nadal, Pascua, 1 de maio, 15 de agosto e, no día máis solemne, o 8 de setembro, festa da Natividade de María.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Donatello Ligazóns externas Diocese de Prato

Categoría:Esculturas de Donatello Categoría:Esculturas do Renacemento