O Gran Premio de Detroit de 1985 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 23 de xuño de 1985 en Detroit, Míchigan. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de e o cuarto Gran Premio de Detroit. A carreira disputouse sobre 63 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia total da carreira de 260 quilómetros.

Por primeira vez en dez anos, Estados Unidos foi anfitrión dun único Gran Premio. O finlandés Keke Rosberg (Williams FW10) adiantou ao pole, Ayrton Senna (Lotus 97T) na volta oito, evitou os problemas de pneumáticos e freos que tiveron os outros pilotos de cabeza e mantivo baixo control aos Ferrari 156/85 de Stefan Johansson e Michele Alboreto para gañar. Stefan Bellof obtivo un cuarto lugar brillante no seu Tyrrell 012, anotando os últimos puntos para o lendario motor Cosworth-Ford V8 ata 1988. Foi a cuarta vitoria nun Gran Premio de Fórmula Un para o Campión do Mundo de 1982. O terceiro posto de Alboreto permitiulle ampliar os seus puntos de vantaxe sobre o piloto do equipo Lotus Elio de Angelis a sete puntos. O eventual Campión do Mundo de 1985 Alain Prost estaba agora a nove puntos de Alboreto.

Resumo da carreira

Na cualificación do venres, o Lotus de Senna, adaptouse ben á pista, foi o máis rápido nas dúas sesións, cunha media de 141,917 km/h, preto de 1,2 segundos por diante de Nigel Mansell no Williams. Con todo, os cambios na pista significaron que o tempo de Senna fose máis dun segundo máis lento que o tempo da pole de Nelson Piquet, gañador do ano anterior. Os Ferrari de Alboreto e Johansson estaban en terceiro e noveno lugar, como dixo Alboreto, "A nosa suspensión non absorbe as fochancas tan ben como o Lotus. Teño problemas para conseguir a adherencia, que é necesaria entre as curvas lentas." A choiva do sábado significou que os tempos do venres determinaran a grella, e os equipos quedaron sen un segundo día de práctica moi necesario, malia que Gerhard Berger tivo que lograr o seu tempo de clasificación o sábado xa que non puido facelo o venres logo de chocar dúas veces antes de poder establecer un tempo.

Os compañeiros do equipo Williams utilizaron diferentes compostos de pneumáticos na cualificación e quedaron a máis dun segundo de diferenza na grella. Rosberg, foi quinto, mentres Mansell que elixiu o composto máis brando colocouse segundo. Este dato levou a Rosberg a apostar polo uso da goma branda para a carreira, mentres que todos os demais montaron o composto máis duro. Axudado por unha brisa fresca o domingo, esta decisión tivo un papel importante no resultado da carreira.

O domingo foi claro e ventoso cun xentío grande e entusiasta. A diferenza da carreira de 1984, os pilotos fixeron unha saída limpa, Mansell saíu ben polo exterior e lideraba na primeira curva por diante de Senna. Pero, na curva 2, Senna tomou a dianteira de novo, e ao final da primeira volta, Rosberg tamén pasara a Mansell. Logo dunha volta, Senna e Rosberg abriran unha brecha con Mansell, Prost, Alboreto, Derek Warwick, Elio de Angelis, Johansson, Piquet e Lauda. Os Tyrrells de Bellof e Martin Brundle, con pouca potencia nos turbos, pero sempre moi ben adaptados ao estreito circuíto de Detroit, subiron seis postos na primeira volta, 12º e 13º.

Na volta sete, Senna e Rosberg lideraban sobre Mansell por sete segundos. Na volta oito, Senna entregou o liderado cando entrou en boxes a cambiar pneumáticos. Warwick retrocedía de novo de xeito constante, para rematar retirándose cun eixe de transmisión roto, mentres que os McLarens de Prost e Lauda experimentaron rapidamente problemas de freos. Lauda entrou nos boxes para retirarse sen freos na volta 10, pero cando Prost sufriu o mesmo problema na volta 20, foi incapaz de frear na curva 2 e patinou batendo no muro de pneumáticos.

Doutra banda, de Angelis, estaba progresando de forma constante. Tomou o cuarto posto cando Senna entrou en boxes, logo pasou Alboreto para ser terceiro e comezou a pechar a brecha con Mansell, quen tamén estaba loitando co sobre quecemento dos freos. Na volta 20, coa vantaxe de Rosberg en 24 segundos, de Angelis conseguiu pasar a Mansell para poñerse segundo. Mansell entrou en boxes na volta 24 logo de perder outra posición con Johansson. Regresou no noveno lugar só para retirarse inmediatamente cando golpeou o muro na curva 2.

Cando estaba a piques de ser dobrado, Gerhard Berger danou o morro do Lotus de de Angelis cando pechou a porta ao italiano. Cando de Angelis entrou en boxes para cambiar pneumáticos e un novo morro, os Tyrrells eran cuarto e quinto, perseguindo ao Ferrari de Alboreto. Achegándose á curva 16 na volta 31, Philippe Alliot separouse para deixar pasar a Alboreto pero non viu a Brundle que viña xusto detrás. Cando Alliot volveu de novo a trazada, Brundle non tiña por onde pasar e golpeou o muro baixo unha choiva de faíscas.

A metade de carreira, Rosberg lideraba sobre Johansson por 33 segundos. Alboreto estaba outros 10 segundos atrás, seguido por Bellof, Senna e de Angelis. Varios voltas rápidas sucesivas de Senna permitíronlle superar a Bellof e logo pechar rapidamente a brecha con Alboreto.

Entrando na curva 2, a superficie empezábase a romper e onde estreláranse tanto Prost como Mansell, Alboreto entrou recto, lonxe da trazada e da fochanca do vértice. Senna pasou pola esquerda, sobre os mármores, e golpeou a parede tal e como fixeran os outros, mentres que Alboreto continuou, unha ameaza menos ao seu terceiro posto. Mentres tanto, Rosberg, seguro á cabeza, deuse conta da súa escalada na temperatura da auga. Cando un membro do equipo notou algo atrapado no seu radiador, entrou a boxes á que llo retiraran. O equipo tamén montoulle pneumáticos novos, que non quería porque Johansson non estaba moi lonxe. Rosberg atacou ao saír dos pits e apenas logrou superar ao Ferrari na primeira curva. Alentados pola posibilidade da súa primeira vitoria, Johansson perseguiu ao Williams ata que, a só tres voltas para o final, rompéuselle un disco de freo e comezou a arrastrarse polo circuíto, coa esperanza de chegar ao final.

Alboreto, en terceiro lugar, tamén estivera tratando de salvar os seus freos, pero agora tiña que lidar cun Bellof á carga. A dúas voltas para o final, o alemán estaba co Tyrrell na cola de Alboreto, esperando un erro. Xusto cando estaba a piques de pasar, o embrague de Bellof comezou o patinar, e tivo que contentarse con seguir ao Ferrari a meta. de Angelis, o último piloto na volta do líder logrou o quinto lugar, e Piquet levou ao Brabham a meta en sexto lugar.

Clasificación Cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 1:42.051 — 2 5 Nigel Mansell Williams-Honda 1:43.249 +1.198 3 27 Michele Alboreto Ferrari 1:43.748 +1.697 4 2 Alain Prost McLaren-TAG 1:44.088 +2.037 5 6 Keke Rosberg Williams-Honda 1:44.156 +2.105 6 16 Derek Warwick Renault 1:44.163 +2.112 7 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 1:44.231 2:05.540 +2.180 8 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 1:44.769 +2.718 9 28 Stefan Johansson Ferrari 1:44.921 +2.870 10 7 Nelson Piquet Brabham-BMW 1:45.194 +3.143 11 8 Marc Surer Brabham-BMW 1:45.979 +3.928 12 1 Niki Lauda McLaren-TAG 1:46.266 +4.215 13 19 Teo Fabi Toleman-Hart 1:46.546 +4.495 14 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:46.592 +4.541 15 15 Patrick Tambay Renault 1:47.028 +4.977 16 26 Jacques Laffite Ligier-Renault 1:47.267 +5.216 17 25 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:47.393 2:12.268 +5.342 18 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:47.563 +5.512 19 4 Stefan Bellof Tyrrell-Ford 1:47.911 +5.860 20 9 Manfred Winkelhock RAM-Hart 1:47.926 +5.875 21 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:48.023 +5.978 22 24 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:48.546 2:11.268 +6.495 23 10 Philippe Alliot RAM-Hart 1:50.455 2:24.814 +8.404 24 17 Gerhard Berger Arrows-BMW 2:05.387 +23.336 25 29 Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 3:04.446 +1:22.395

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 Keke Rosberg Williams-Honda 63 1:55:39.851 5 9 2 28 Stefan Johansson Ferrari 63 + 57.549 9 6 3 27 Michele Alboreto Ferrari 63 + 1:03.170 3 4 4 4 Stefan Bellof Tyrrell-Ford 63 + 1:06.225 19 3 5 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 63 + 1:26.966 8 2 6 7 Nelson Piquet Brabham-BMW 62 + 1 volta 10 1 7 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 62 + 1 volta 21 8 8 Marc Surer Brabham-BMW 62 + 1 volta 11 9 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 61 + 2 voltas 7 10 25 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 61 + 2 voltas 17 11 17 Gerhard Berger Arrows-BMW 60 + 3 voltas 24 12 26 Jacques Laffite Ligier-Renault 58 + 5 voltas 16 Ret 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 51 Accidente 1 Ret 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford 30 Colisión 18 Ret 10 Philippe Alliot RAM-Hart 27 Colisión 23 Ret 5 Nigel Mansell Williams-Honda 26 Accidente 2 Ret 2 Alain Prost McLaren-TAG 19 Freos 4 Ret 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 19 Eléctrico 14 Ret 16 Derek Warwick Renault 18 Transmisión 6 Ret 15 Patrick Tambay Renault 15 Accidente 15 Ret 29 Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 11 Motor 25 Ret 1 Niki Lauda McLaren-TAG 10 Freos 12 Ret 19 Teo Fabi Toleman-Hart 4 Embrague 13 Ret 9 Manfred Winkelhock RAM-Hart 3 Turbo 20 Ret 24 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 0 Accidente 22

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Michele Alboreto 31 2 Elio de Angelis 24 3 Alain Prost 22 4 Stefan Johansson 13 5 Keke Rosberg 12

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 47 2 Lotus-Renault 33 3 McLaren-TAG 25 4 Williams-Honda 17 5 Renault 12

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas

Referencias Innes Ireland (outubro de 1985). "4th Detroit Grand Prix: Look Out, Williams Is Back". Road & Track, 158-162.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1985 Categoría:Gran Premio de Detroit de Fórmula 1