miniatura|240px|Hippoglossoides robustus. A dos Hipoglosoidinos (Hippoglossoidinae) é, para algúns autores, como os do SIIT e a EOL, unha subfamilia de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes e familia dos pleuronéctidos.Pleuronectidae no SIIT.Hippoglossoidinae na EOL.

Porén, outras autoridades e bases de datos, como o WoRMS e a FishBase, consideran aos xéneros deste grupo como integrados na subfamilia dos pleuronectinos.Pleuronectinae Rafinesque, 1815 no WoRMS.Family Pleuronectidae en FishBase.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, os da subfamilia dos pleuronectino teñen un corpo aplanado, asimétrico, e os seus ollos están no mesmo lado do corpo.

Clasificación Segundo o SIIT e a EOL, a subfamilia está composta por tres xéneros,Hippoglossoidinae no SIIT. que comprenden sete especies actualmente existentes. Subfamilia Hippoglossoidinae Xénero Acanthopsetta (Schmidt, 1904) - 1 especie Acanthopsetta nadeshnyi (Schmidt, 1904) Xénero Cleisthenes (Jordan & Starks, 1904) - 2 especies Cleisthenes herzensteini (Schmidt, 1904) Cleisthenes pinetorum Jordan & Starks, 1904 Xénero Hippoglossoides (Gottsche, 1835) - 4 especies Hippoglossoides dubius Schmidt, 1904 Hippoglossoides elassodon Jordan & Gilbert, 1880 - a platuxa xapones.Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Hippoglossoides platessoides (Fabricius, 1780) - a platuxa americana. Hippoglossoides robustus Gill & Townsend, 1897

Notas

Véxase tamén Bibliografía Eschmeyer, William N. (1990): Genera of Recent Fishes. San Francisco, CA, USA: California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-23-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos

Ligazóns externas Hippoglossoidinae na Encyclopedia of Life.

Categoría:Pleuronectiformes