A Catedral de Santa María da Asunción é un conxunto arquitectónico eclesiástico situado en Pamplona (Navarra), sede da arquidiocese de Pamplona e Tudela. Características Presenta as edificacións habituais noutras catedrais como igrexa, claustro e sancristías, pero ademais conserva a bodega, refectorio, sala capitular e dormitorio, que son máis propias da vida común á que estaba suxeito o seu cabido e que ao longo dos séculos se foron derrubando noutras catedrais españolas. As estanzas que o configuran foron construídas en distintas épocas e estilos, conservándose hoxe en día algunhas das dependencias románicas, ao predominando sobre todo as edificadas en estilo gótico (entre elas a igrexa e o claustro) dos séculos XIV ao XVI. A fachada oeste, de estilo neoclásico, levantouse a finais do século XVIII.

Destacan neste conxunto de edificios; o claustro, que está considerado unha marabilla da arte gótica europea e dende logo o mellor claustro do século XIV; a cociña, que é un dos tres únicos exemplos sobreviventes de cociña gótica de toda Europa; e por último a fachada principal, unha das obras máis puras e representativas do neoclasicismo na península.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial da Catedral de Pamplona

Pamplona Categoría:Arquitectura en Pamplona Categoría:Bens de Interese Cultural de Navarra Categoría:Igrexas católicas de España