O zebro (Equus hydruntinus) é unha especie extinta de equino que viviu en Eurasia.

Características

O primeiro fósil do que se ten coñecemento data de hai 300 000 anos e non se extinguiu até o Holoceno. A finais do Plistoceno era moi común no oeste de Eurasia, dende Oriente Medio até Europa, especialmente na zona do Mediterráneo, con fósiles descubertos en Sicilia, Turquía, España, Francia e Portugal. Cara ao leste semella que o seu ámbito abranguía até o Volga e Irán. Cara ao norte chegaba case ó Mar do Norte en Alemaña. Morfoloxicamente, distínguese dos asnos e dos onagros polos seus dentes molares e polo seu fociño relativamente curto. A súa clasificación exacta aínda é incerta, pero as análises xenéticas e morfolóxicas suxiren que é moito máis achegado ó onagro.Ariane Burke, Vera Eisenmann and Graeme K. Ambler: The systematic position of Equus hydruntinus, an extinct species of Pleistocene equid. Quaternary Research, Volume 59, Issue 3, maio de 2003, Pages 459-469.LUDOVIC ORLANDO, MARYAM MACHKOUR, ARIANE BURKE, CHRISTOPHE J. DOUADY, VÉRA EISENMANN and CATHERINE HÄNNI: Geographic distribution of an extinct equid (Equus hydruntinus: Mammalia, Equidae) revealed by morphological and genetical analyses of fossils. Molecular Ecology

Volume 15 Issue 8 Page 2083-2093, xullo de 2006. online

Na Península Ibérica pode ser que sobrevivise até o século XVI.

Etimoloxía O epíteto específico, hydruntinus, significa de Otranto (Hydruntum en latín).

Notas

Categoría:Equus Categoría:Animais descritos en 1907