miniatura|dereita|Piollo pato na zona xenital. miniatura|dereita|Piollos pato nas pestanas. O piollo pato ou piollo pubiano (Pthirus pubisNCBI Taxonomy Pthirus pubisITIS Pthirus/Phthirus Cita: Valid name (Nome válido): Pthirus pubis (Linnaeus 1758). Invalid (Inválido): Phthirus pubis. Encyclopedy of Life (EOL) Pthirus pubis. Cita: "The Pubic (or Crab) Louse (Pthirus pubis, often incorrectly spelled Phthirus pubis) is an insect..." / O piollo púbico (ou piollo pato) (Pthirus pubis, a miúdo escrito incorrectamente Phthirus pubis é un insecto...", ás veces escrito Phthirus pubisNCBI Taxonomy Pthirus) é un insecto da orde Phthiraptera (ou Psocodea), piollos, que é un ectoparasito obrigado dos humanos, alimentándose de sangue. Xeralmente vive entre os pelos da zona pubiana humana. Aínda que o piollo non pode brincar, pode tamén desprazarse e vivir noutras partes do corpo que estean cubertas de pelos duros, como as pestanas. Os humanos son os únicos hóspedes desta especie, mais outras especies relacionadas, como Pthirus gorillae, infectan os gorilas. Crese que o parasito humano diverxeu de Pthirus gorillae hai aproximadamente 3,3 millóns de anos.

Descrición Un piollo pato adulto ten unha lonxitude entre 1,3 e 2 mm (lixeiramente menor que o Pediculus humanus), e pode distinguirse dos outros piollos humanos polo seu corpo case redondo. Outra característica distintiva é que os seus dous pares de patas traseiras son moito máis grosas que o par de patas dianteiras, e as traseiras teñen grandes ganchos.

Ciclo vital Os ovos do piollo pato deposítanse xeralmente sobre pelos duros das rexións xenital e perianal do corpo humano. O piollo pato pode tamén encontrarse noutras áreas do corpo que teñan pelos duros e un recubrimento de pelos relativamente disperso, como a barba, bigote, pestanas, axilas. Xeralmente non aparecen en pelos mais finos e delicados como os cabelos da cabeza.

As femias poñen uns tres ovos ao día. Os ovos tardan de 6 a 8 días en eclosionar, e hai tres estados de ninfa que en conxunto duran de 10 a 17 días, despois dos cales desenvólvense en adultos, o que fai que a duración total do ciclo vital de ovo a adulto sexa de 16 a 25 días. Os adultos viven ata 30 días. O piollo pato aliméntase exclusivamente de sangue, e aliméntase unhas 4 ou 5 veces ao día, segundo algunhas estimacións. miniatura|Ovo de piollo pato sobre un pelo do corpo.

Infestación

As infestacións polo piollo pato orixina un tipo de pediculose coñecida como ftiríase, ou (en latín) pediculosis pubis ou phthiriasis pubis (a cal se escribe con ph, a diferenza do nome xenérico válido actual do piollo, Pthirus pubis). A infestación nas pestanas denomínase pediculosis ciliaris ou phthiriasis palpebrarum.Manjunatha NP, Jayamanne GR, Desai SP, Moss TR, Lalik J, Woodland A. Pediculosis pubis: presentation to ophthalmologist as phthriasis palpebrarum associated with corneal epithelial keratitis. Int. J. STD AIDS 2006; 17: 424–426

Os principais síntomas da infestación é o proído, xeralmente na área de pilosidade pubiana, que é o resultado da hipersensibilidade á saliva do piollo, que pode facerse máis forte ás dúas semanas ou máis de iniciada a infestación. Nalgunhas infestacións, aparece unha característica coloración gris azulada ou cor lousa (maculae caeruleae) nos lugares onde se alimenta, que pode durar días.

A actual prevalencia no mundo estímase no 2% da poboación humana, pero a cifra exacta é difícil de determinar porque as infestacións por este piollo non son consideradas na maior parte dos países unha condición da que se debe informar aos gobernos, e moitos casos son auto-tratados ou tratados discretamente polos médicos de medicina xeral.

O piollo pato xeralmente infesta un novo hóspede por estreito contacto entre individuos, xeralmente durante as relacións sexuais. Os adultos están máis frecuentemente infestados que os nenos. As transmisións non sexuais poden ocorrer entre a familia e compañeiros de habitación ao compartiren toallas, roupa, camas ou armarios. Só poden sobrevivir un breve tempo lonxe da calor e humidade do corpo humano.

Suxeriuse recentemente que a moda de depilarse o corpo que segue un crecente número de persoas no mundo está reducindo as poboacións deste piollo nalgunhas partes do mundo, pero non hai datos oficiais para demostrar esta suposición.Armstrong, N. R.; Wilson, J. D. (2006). "Did the "Brazilian" kill the pubic louse?". Sexually Transmitted Infections 82 (3): 265–266. doi:10.1136/sti.2005.018671. PMC 2564756. PMID 16731684.Bloomberg: Brazilian bikini waxes make crab lice endangered species, publicado o 13 de xaneiro de 2013, consultado o 14 de xaneiro de 2013

Notas

Véxase tamén

Outros artigos O piollo na cultura popular galega Pediculus humanus capitis Pediculus humanus humanus

Ligazóns externas MedlinePlusEncyclopedia 000841 Pubic lice

Categoría:Piollos Categoría:Parasitos Categoría:Doenzas de transmisión sexual Categoría:Animais descritos en 1758