José Antonio Cacabelos Rico é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Entrou no PSOE en 2006. Nas eleccións municipais de 2007 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía do Grove e foi elixido alcalde formando un goberno cuadripartito. En 2011, pese a experimentar unha notable subida de votos e concelleiros, non puido lograr un acordo e pasou á oposición. Foi deputado provincial de 2011 a 2015. Nas municipais de 2015 recuperou a alcaldía tras lograr unha contundente vitoria que deixou ó PSdeG ó bordo da maioría absoluta, e cunha ampla marxe para sumar apoios coas forzas de esquerdas, sendo elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. No 2019 foi reelixido con maioría absoluta, sendo a primeira vez que alguén a conseguía no Grove. No 2023 logrou de novo a vitoria, se ben perdeu a maioría absoluta, e foi reelixido alcalde como cabeza da lista máis votada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Grove

Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes do Grove Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes