Pêr Denez (en ), nado en Rennes o 3 de febreiro de 1921, e finado en Romillé o 30 de xullo de 2011, foi un escritor bretón.Pierre Denis alias Pêr Denez n’est plus, ouest-france.fr, le 30 juillet 2011, Grazas ás súas contribucións no xénero das novelas, ós ensaios e obras sobre lingüística, contribuíu a preservar e potenciar a lingua bretoa escrita.Ouest France Dimanche, 31 juillet 2011, nécrologie de Pêr Denez, p. 4.

Traxectoria Traballou como mestre de inglés en Douarnenez e foi profesor de bretón na Universidade de Alta Bretaña Rennes-2. En 1981, grazas ás súas peticións, creouse a licenciatura de lingua bretoa por decisión persoal do daquela presidente da República Francesa, François Mitterrand.

Foi presidente do Consello científico e de animación do Instituto Cultural da Bretaña dende 1984 e tamén presidente da federación de asociacións da lingua bretoa, Kuzul ar Brezhoneg. Ademais exerceu como Presidente do Comité de apoio a Unión Democrática Bretoa nas eleccións rexionais de 1998. En marzo de 1999 provocou unha forte polémica cando o xornal Armor Magazine lle preguntou polo nome dos personaxes máis significativos da Bretaña dos trinta últimos anos, e deu os nomes de Yann-Kel Kernalegenn e Christian Le Bihan, militantes da Fronte de Liberación da Bretaña.

Fundou as revistas bretoas Kened, Ar Vro (1959) e Hor Yezh, das que foi director, así como a editorial Mouladurioù Hor Yezh. En 1989 recibiu a Orde do Armiño, e en 1993 recibiu a Creu de Sant Jordi da Generalitat de Cataluña.

Obra Ficción Glas evel daoulagad c'hlas na oant ket ma re, Al Liamm 1979 Hiroc'h eo an amzer eget ar vuhez, Mouladurioù Hor Yezh, 1981 Evit an eil gwech, MHY, 1982 Eus un amzer 'zo bet, MHY, 1992 En tu all d'an douar ha d'an neñv, MHY, 1993 Kenavo ar c'hentañ er joaioù, MHY, 1994 An amzer a ra e dro 1995 Da Rouz An Noz, MHY, 1996

Poemas P'emañ ar mor o regel..., Skrid, 1001

Lingüística e metoldoloxía Kentelioù brezhoneg : eil derez, Al Liamm, 1971 Brezhoneg buan hag aes, Omnivox, 1972 Étude structurale d'un parler breton : Douarnenez, thèse (3 vol.), Université de Rennes, 1977 Geriadur brezhoneg Douarnenez, 4 vol., Mouladurioù Hor Yezh, 1980, 1981, 1985 Mont war-raok gant ar brezhoneg, MHY, 1987

Artigos e ensaios En francés Joseph Ollivier, Les contes de Luzel (Préface de Per Denez, suivie d'une Postface sur “Contes Bretons” Pur-Terre de Brume, 1994), Hor Yezh, 1995 ISBN 2-910699-11-0 Bretagne et peuples d'Europe, MHY, 1999.

En bretón Yezh ha bro, MHY, 1998. Korf an den Brest, Skridoù Breizh, 1943.

Traducións Theodor Storm, Aquis submersus, Al Liamm, 1950

Notas

Véxase tamén Outros artigos Denez

Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Rennes Categoría:Nacionalistas bretóns Categoría:Lingüistas da Bretaña Categoría:Escritores da Bretaña Categoría:Escritores en lingua bretoa Categoría:Premio Creu de Sant Jordi