Lydia Susanna Hunter, nada en Morristown (Nova Jersey) o 2 de abril de 1945, é unha actriz estadounidense, coñecida como Linda Hunt.
No instituto diagnosticáronlle déficit da hormona do crecementoBuchalter,Gail. "There are Always Answers" Parade Magazine, 1991 http://news.google.com/newspapers?nid=1243&dat=19910502&id=UKpFAAAAIBAJ&sjid=OocDAAAAIBAJ&pg=3689,6938803 o que provocou ananismo hipofisario polo que mide só 145 cm.
Traxectoria Hunt naceu en Nova Jersey, e creceu en Westport, Connecticut. É unha das dúas fillas de Raymond Davy Hunter, vicepresidente de Harper Fuel Oil en Long Island, e Elsie Doying Hunter, profesora de piano. Estudou artes escénicas en Chicago.
Debutou no cinema en 1980 coa comedia musical de Robert Altman Popeye. Dous anos despois interpretou a Billy Kwan en O ano que vivimos perigosamente, adaptación de Peter Weir da novela homónima. Polo seu papel de fotógrafo chinés-australiano gañou o Óscar á mellor actriz secundaria, converténdose na primeira persoa que gañou un Oscar por interpretar un personaxe do sexo oposto.
No teatro triunfou entre outros no papel protagonista de Nai Coraxe e mais os seus fillos, de Bertolt Brecht.
Na televisión traballou en series como The Practice, Without a Trace e NCIS: Los Angeles.
Vida persoal Hunt mantivo unha relación coa psicoterapeuta Karen Kline dende 1978, e cao que casou no 2008.
Dende 2011, Hunt é embaixadora da Best Friends Animal Society.
En xullo de 2018, a revista People informou de que estivera involucrada nun accidente de varios coches nos Ánxeles o que provocou que tivese que tomar case un ano de descanso da serie NCIS: Los Angeles.
Premios e recoñecementos Linda Hunt ten gañado un Óscar además doutros 10 premios entre os que destacan dous Teen Choice Awards por su papel en la serie de televisión NCIS: Los Ángeles. Tamén recibiu 3 nomeamentos noutos certames.
Premios Globo de Ouro AnoCategoríaPelículaResultado1983Mellor actriz secundariaO ano que vivimos perigosamenteNomeada
Premios Óscar AnoCategoríaPelículaResultado1984Mellor actriz secundariaO ano que vivimos perigosamenteGañadora
Premios Teen Choice AnoCategoríaSerieResultado2011Mellor actriz de televisión nacategoría de acciónNCIS: Los ÁngelesGañadora2012Mellor actriz de televisión na categoría de acciónNCIS: Los ÁngelesGañadora
Filmografía Ano Filme Personaxe Notas1980PopeyeMrs. Oxheart1982O ano que vivimos perigosamenteBilly Kwan1984DuneShadout MapesThe BostoniansDr. Prance1985EleniKatinaSilveradoStella1987Waiting for the MoonAlice B. Toklas1989She-DevilHooper1990Kindergarten CopMiss SchlowskiCarmillaNarrator1991If Looks Could KillIlsa Grunt1992Rain Without ThunderAtwood Society Director1993Younger and YoungerFrancesTwenty BucksAngeline1994Prêt-à-PorterRegina Krumm1995PocahontasGrandmother Willowvoz1997The RelicDr. Ann CuthbertEat Your Heart OutKathryn1998Pocahontas II: Journey to a New WorldGrandmother Willowvoz2002DragonflySister Madeline2005Auschwitz: The Nazis and the 'Final Solution'NarratorvozYours, Mine & OursMrs. MunionThe Great Transatlantic CableNarradora2006Stranger Than FictionDr. Mittag-Leffler2007The Singing RevolutionNarradora2017The RelationtripDr. Lipschweiss2018Solo: A Star Wars StoryLady Proximavoz
Videoxogos
God of War como Gaia/Narradora God of War II como Gaia/Narradora God of War: Chains of Olympus como Gaia/Narradora God of War III como Gaia/Narradora God of War: Ghost of Sparta como Gaia/Narradora God of War: Ascension como Gaia/Narradora
Series televisivas AnoSeriePersonaxeNotas1976Great PerformancesNora1 episodio1978FameMona1987American PlayhouseAlice B Toklas1 episodioBasementsRose HuddApartado: "The Room"—director: Robert AltmanThe Room UpstairsMrs. Felicia SandersTV movie1993Space RangersComandanta Chenault1997–2002The PracticeJudge Zoey Hiller24 episodios1998–2006The American ExperienceNarradora2003Before We Ruled the EarthNarradora2003–2005CarniväleVoz9 episodios2006NatureNarradoraEpisodio: "Christmas in Yellowstone"2007The UnitDr. Eudora Hobbs2 episodios2008Without a TraceDr. Claire Bryson3 episodios2009–2021NCIS: Los AngelesHenrietta "Hetty" LangePersonaxe principal2011, 2012Teen Choice AwardsEla mesmaTeen Choice Award for Choice TV Actress Action2014ScorpionHenrietta "Hetty" LangeEpisodio: "True Colors"
Teatro AnoObraPersonaxeNotss1972HamletPersonaxeBroadway1975Ah, Wilderness!NorahBroadway1983Little VictoriesN/ABroadwayTop GirlsPapa Xoán / Louise1984End of the WorldAudrey WoodBroadway1985Aunt Dan and LemonTía DanBroadway1988The Cherry OrchardCharlottaBrooklyn Academy of Music
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores de Nova Jersey Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova Jersey Categoría:Nados en 1945