Schizosaccharomyces é un xénero de lévedos que realizan a fisión binaria. Viven como saprófitos en exsudados azucrados de plantas. O xénero está bastante illado sistematicamente do resto dos fungos e clasifícase na súa propia clase. Divídese por fisión binaria medial, de aí que a estes lévedos se lles chame lévedos de fisión (o que os diferencia dos lévedos de xemación como Saccharomyces). A especie mellor estudada é S. pombe. Actualmente están descritas catro especiesSpecies fungorum Index deste xénero, que son: S. pombe, S. japonicus, S. octosporus e S. cryophilus. Igual que o lévedo emparentado distantemente Saccharomyces cerevisiae, S. pombe é un importante organismo modelo para estudar a bioloxía dos eucariotas. É especialmente útil en estudos evolutivos porque se cre que diverxeu da liñaxe de Saccharomyces cerevisiae hai entre 300 millóns e 1.000 millóns de anos.*Jac A. Nickoloff and Merl F. Hoekstra. 1998. DNA Damage and Repair: DNA Repair in Prokaryotes and Lower Eukaryotes, Humana Press, ISBN 978-0-89603-356-6, 626 pages

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas diArk - Schizosaccharomyces

Categoría:Lévedos Categoría:Ascomicetos