A estación de Vitoria-Gasteiz é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Vitoria, no País Vasco. É a principal estación da provincia de Áraba, con máis de 500.000 viaxeiros en 2010. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 492,353 da liña radial Madrid-Hendaia a unha altura de 528,6 metros sobre o nivel do mar.
Historia O ferrocarril chegou á entón pequena cidade de Vitoria en 1862 coa apertura do tramo Miranda de Ebro-Altsasu da liña férrea que unía Madrid coa fronteira francesa.Vasco navarro trena: El ferrocarril vasco navarro - Juan José Olaizola Elordi - Bilbo : EuskoTren, 2002. ISBN 84-920629-6-7 Para a ocasión construíuse unha pequena estación por Letourneur, enxeñeiro francés responsable da construción da propia liña e que en 1864 construiría tamén a estación de Donostia.
En 1889 abriuse un novo tramo de vías, esta vez de ancho métrico, que unía Vitoria con Leintz-Gatzaga e que foi posteriormente completado con máis tramos. A explotación destas liñas corría a cargo do Ferrocarril Vasco-Navarro e operaba desde unhas pequenas instalacións ata a construción da estación de Vitoria-Norte en 1914. O 31 de decembro de 1967 a liña foi pechada ao tráfico.
En 1989, o Goberno de España e o Goberno autonómico vasco chegaron a un acordo para poñer en marcha o Y vasco, unha liña de alta velocidade que enlazará as tres capitais vascas. As obras iniciáronse en 2006.O 'Y' vasco arrinca coa adxudicación da obra do primeiro tramo, que discorrerá por Áraba Por outra banda, Vitoria verase tamén conectada á rede de alta velocidade grazas á liña Venta de Baños-Burgos-Vitoria, para o que se prevé un soterramento das vías coa construción dun túnel de 6,8 km e dunha nova estación baixo o Parque de Arriaga. A estación contará con seis vías pasantes que se atoparían a 17 metros de profundidade. O custo total do soterramento do tren en Vitoria ascende a 476 millóns de euros. Nesta estación terá lugar a unión desta liña de alta velocidade co Y vasco.
A estación 250px|miniatura|Plataformas da estación A actual estación de Vitoria-Gasteiz foi construída en 1934 substituíndo á pequena estación de Letourneur. É un edificio sinxelo, situado no centro da cidade e formado por varias estruturas encostadas de diferente altura. Unha serie de arcos que dan lugar a portas e xanelas serven como elemento decorativo.
Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías. Outras catro vías son utilizadas como vías de servizo. Antigamente a estación dispoñía dunha oitava vía, pero foi parcialmente retirada para permitir así a ampliación da plataforma lateral. Os cambios de plataforma realízanse por un paso subterráneo.
Conta cunha zona PAC (punto de información ao cidadán), venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existe un aparcadoiro situado fronte ao edificio, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 26 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido Alvia Madrid-Chamartín Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro Vitoria 6 trens semanais por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido Trenhotel Surex Hendaia Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido
Media distancia Actualizado a 26 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe <font color=white>'''</font> | Intercity Irún Madrid-Chamartín <big></big> MD RE Vitoria Madrid-Chamartín <big></big> RE Burgos-Rosa de Lima Zaragoza-Miraflores <big>25</big> MD Irún Vitoria Miranda de Ebro
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Información na páxina web de Adif
Vitoria Categoría:Transporte en Vitoria