A catedral de Mallorca ou Seu de Mallorca (popularmente coñecida como la Seu) é o principal edificio relixioso da cidade de Palma, sede episcopal da diocese católica latina de Mallorca. É de estilo gótico, foi construída entre os séculos XIII e XVI e é famosa polo seu rosetón. Atópase na acrópole da cidade romana de Palma, diante do mar, coa muralla ó pé do castelo da Almudaina e do palau episcopal. No ano 1931 foi declarada monumento histórico artístico.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Palma Mallorca Categoría:Igrexas católicas de España Categoría:Igrexas góticas de España