Ramón Ferreiro Lago, nado en Mondoñedo o 20 de xaneiro de 1872 e finado no Carballiño o 25 de xullo de 1962, foi un avogado, escritor e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Jesús Ferreiro Hermida e Pascuala de Lago Baamonde Montenegro Pérez Villarmea. Estudou dereito. Fundou en Valladolid a Revista Notarial de Castilla la Vieja (1898). Ingresou por oposición no notariado en 1907. Foi notario en Ledesma (1912), Belchite (1915), Cerdedo (1916), Rábade (1918)El Progreso, 13-6-1918, p. 2. e Vilalba (1924), onde fundou a Unión Ciudadana Anticaciquil da que foi secretario.El Regional, 14-1-1926, p. 3. En 1925 pasou a ser notario de Lodosa (Navarra) e ao ano seguinte do Carballiño.
No Carballiño dirixiu os periódicos Hermandad (1928), Vanguardia Republicana (1931) e La Tribuna Forense Gallega (1931).El Ideal Gallego, 22-1-1931, p. 4. Colaborou en Faro Villalbés. Foi membro do Partido Republicano Gallego e despois integrouse en Izquierda Republicana da que foi elixido presidente no Carballiño.El Pueblo Gallego, 27-6-1934, p. 10. En novembro de 1934 pasou a desempeñar a notaría de Carballo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado na Coruña por rebelión e o seu proceso foi sobresido. Foi novamente xulgado na Coruña en 1939 por inxurias ao xefe do Estado, acusado de insultar a Franco durante unha representación teatral, e novamente sobresido. No franquismo foi notario na Estrada (1940) e Sueca, onde se xubilou en 1947.
Finou no Carballiño o 25 de xullo de 1962.ABC, 28-7-1962, p. 37.
Obras Código civil. Cuestiones selectas, 1897. Condición juridica de la mujer. Estudio filosófico, historico y del código civil, 1902. El gobierno de Sancho. Estudio filosófico-crítico (con José María de Mariscal y Luis), 1905. Los nuevos horizontes del Derecho civil y el provenir de la institución notarial, 1917.
Recoñecementos Era cabaleiro da Orde de Afonso XII e comendador da Orde de Sabela a Católica.
Vida persoal Casou con Concepción Rodríguez Meyre en 1906.El Eco de Santiago, 4-9-1906, p. 1. Foi tío de Fernando, Ramón Ferreiro Rodríguez e de Julio García-Gabilán Ferreiro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Artigo "Ferreiro Lago, Ramón" da Gran Enciclopedia Galega.
Ligazóns externas Xenealoxía Cao de Cordido
Categoría:Notarios Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Mondoñedo Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1962