Austroglossus pectoralis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos, unha das dúas que integran o xénero Austroglossus,<ref name=W>[http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=219821 Austroglossus pectoralis (Kaup, 1858) ] no WoRMS.</ref> coñecida en galego como linguado austral do leste.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 84.
Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1858 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup, baixo o nome de Synaptura pectoralis, sendo posteriormenre reclasificada dentro do xénero Austroglossus, que creara Regan en 1920.
Características As principais características morfolóxicas desta especie son:Austroglossus pectoralis (Kaup, 1858) en FishBase.
Corpo deprimido, ovalado, de até os 60 cm de lonxitude como máximo, aínda que os exemplares capturados miden 40 cm de media. Espiña dorsal formada por de 58 vértebras. Aleta dorsal con de 90 a 110 raios (brandos), e a anal con de 80 a 95 raios (igualmente brandos). Aleta pectoral dereita (lado pigmentado) máis curta que a lonxitude da cabeza; a aleta pectoral esquerda (lado cego), está presente. Coloración, no lado pigmentado, apardazada, cunha pequena mancha máis escura na base de cada escama.
Hábitat e distribución É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre os 10 e os 400 m , usualmente entre os 10 e os 120 m. Distribúese polas costas de África do sur, entre os 17 °S até os 35 °S, unicamente da antiga provincia do Cabo (actuais provincias do Cabo setentrional, occidental e oriental)..
Bioloxía Habita en fondos de lodo. Aliméntasw de pequenos invertebrados bentónicos e peixes pequenos.
Pesca O linguado austral do leste é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas zonas onde vive (Atlántico suroriental).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Fenner, Robert M. (2008): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Soleidos Austroglossus''
Ligazóns externas Austroglossus litoralis na Encyclopedia of Life
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1858 Categoría:Produtos da pesca